Novas

En Marea pregunta ao Goberno polo falecemento de dúas mulleres no posto fronterizo de Ceuta

bab_sebta

Madrid, 17 de xaneiro de 2017. En Marea rexistrou no Congreso varias preguntas sobre a morte de dúas mulleres no posto fronterizo de Bab Sebta após unha avalancha

O deputado Antón Gómez-Reino e as deputadas Ángela Rodríguez e Yolanda Díaz preguntan ao Executivo o coñecemento que ten da morte destas dúas mulleres marroquíes duns 40 anos no punto de entrada da cidade española de Ceuta.

“Ten coñecemento o Goberno de que a diario se producen tumultos nas inmediaciones das fronteiras de Ceuta para acceder á cidade autónoma? Que medidas adoptou o Goberno para evitar esta situación?”, sinala a iniciativa.

Ademais, En Marea quere coñecer se o Goberno se puxo en contacto coas autoridades marroquíes para esclarecer o acontecido  e ofrecerlles colaboración para atender á situación de urxencia producida.

“Ten previsto o Goberno abrir unha investigación para aclarar as causas e as circunstancias nas que se produciu a avalancha do 15 de xaneiro e que provocou a morte destas dúas mulleres?”

En Marea considera que debería abordar esta cuestión “en profundidade” e sentarse co Goberno de Marrocos para organizar conxuntamente e de xeito seguro o tránsito de mercadorías e acceso de persoas.

Download (PDF, 112KB)