Novas

En Marea pregunta ao Goberno polo impacto económico do Brexit na pesca galega

Tone Rolda2308

Madrid, 27 de novembro de 2018. O voceiro de En Marea no Congreso, Antón Gómez-Reino, rexistrou no Congreso unha batería de preguntas para preguntar ao Goberno polo impacto económico do Brexit na pesca galega.

“Que xestións está facendo o Goberno para protexer ao sector pesqueiro galego nas negociacións do Brexit e garantir o acceso da frota ás augas do Reino Unido unha vez que o Brexit entre en vigor?”, pregunta o deputado, co obxectivo de que a saída do Reino Unido da Unión Europea “non produza efectos negativos no que se refire a barcos, emprego e capturas”.

Para o sector pesqueiro galego o acceso ás augas do Reino Unido “é fundamental”.

Ademais, En Marea pregunta ao Executivo de cara a que o Reino Unido preserve a actual distribución da TAC e cotas e estableza un marco de xestión responsable a longo prazo.

“Que está facendo o Goberno para que se impoñan ao Reino Unido as mesmas regras de sostemendo que na UE?”, pregunta o deputado.

En Marea tamén quere saber se o Goberno ten previsto suscitar compensacións económicas ao sector pesqueiro galego no caso de que finalmente resultase afectado polo Brexit.

Ademais, o voceiro de En Marea quere saber se o Executivo vai defender en Europa a modificación do Principio de Estabilidade Relativa ao quedar tan só Irlanda, após a saída do Reino Unido, entre os países que xustificaron a súa adopción.

Download (PDF, 124KB)