Novas

En Marea pregunta ao Goberno polos manifestantes palestinos asasinados polo Exército de Israel

joven-palestino-recibio-tiro-fronteriza_EDIIMA20180331_0152_5

“A gravidade das matanzas de manifestantes non pode quedar impune, debe ter unha resposta”, afirmou o deputado Antón Gómez-Reino.

O grupo confederal tamén emitiu un comunicado de condena desta masacre e esixe que os responsables “sexan xulgados en tribunais internacionais”.

 Madrid, 5 de abril de 2018. En Marea e o grupo confederal rexistraron este xoves unha batería de preguntas relativas ao asasinato de 18 manifestantes palestinos por francotiradores do Exército de Israel o pasado 30 de marzo durante as manifestacións pacíficas na Franxa de Gaza da ‘Gran Marcha do Retorno’, onde tamén se feriron máis de 1500.

Esta marcha, que reclama o dereito ao retorno das persoas refuxiadas, o fin do bloqueo e a ocupación, foi realizada o Día da Terra Palestina, como inicio dunha campaña de mobilizacións populares que culminará o próximo 15 de maio, día que se conmemora a expulsión e limpeza étnica da maior parte da poboación palestina en 1948.

“A gravidade das matanzas de manifestantes non pode quedar impune, debe ter unha resposta”, afirmou o deputado Antón Gómez-Reino, lembrando que España debe suspender a venta de material militar a Israel, como xa se fixo durante a guerra de Gaza de verán de 2014, unha cuestión pola que lle preguntará na próxima semana ao Goberno na sesión de control en pleno.

“A masacre de manifestantes pacíficos palestinos por parte de Israel non pode quedar impune. É un atentado execrable contra os dereitos humanos, o dereito á vida e á liberdade de manifestación e expresión, e como tal é un crime contra o dereito internacional. Por esa razón, esiximos que os seus responsables sexan xulgados ante a Corte Penal Internacional ou outros Tribunais Internacionais”, explicou Pablo Bustinduy secretario de Internacional de Podemos.

O deputado Gómez-Reino, xunto con varios deputados do grupo confederal,  lanzaron esta batería de preguntas co obxectivo de coñecer a posición do Goberno ante estes feitos e saber si tomou ou tomará algunha medida diplomática co embaixador de Israel dada a gravidade do incidente.

 

Download (PDF, 153KB)