Novas

En Marea pregunta ao Goberno por informes sobre o estado das rías de Vigo e Pontevedra

photo6025913591477153387

Alexandra Fernández lembra que o mal estado da ría de Pontevedra débese a dous factores: a falta da axeitada depuración de augas residuais e Ence. Pide estudos sobre ambas rías. 

Madrid, 5 de febreiro de 2019. A deputada de En Marea no Congreso, Alexandra Fernández, presentou varias iniciativas parlamentares na Cámara para preguntarlle ao Ministerio de Transición Ecolóxica se conta con dados ou informes sobre o estado das augas das rías de Vigo e Pontevedra.

“Que datos posúe sobre a situación das augas da ría de Vigo? Coñece as denuncias de organizacións ecoloxistas sobre o vertido de augas residuais na ría? Comprobou este aspeito? Ten informes sobre os índices de contaminación?”, pregunta.

En relación á Ría de Pontevedra: “Que datos pode aportar o Ministerio sobre a contaminación que sofre a ría de Pontevedra? Cales son os níveis posto que esta ría de alta riqueza marisqueira padece por un lado unha mala depuración das súas auga residuais xunto coa contaminación pola presenza de Ence?”.

Alexandra Fernández demanda ao Goberno un estudo riguroso sobre o estado das augas de ambas rías. No caso de Vigo, lembra que a Edar está en marcha desde o ano pasado. “A pesar delo, observamos que no proxecto de Orzamentos do Estado para este ano 2019, ACUAES inclúe unha partida de 1,8 millóns para o “Saneamento de Vigo” que sería pertinente aclarar. “Cal é o destino desta consignación dado que a Estación Depuradora está rematada?”. E quer saber se levou a cabo algún estudo da calidade das augas desde que a depuradora está en marcha.  Igualmente,  trasládalle as denuncias de organizacións ecoloxistas de vertidos de augas residuais á Ría.

A  ría de Pontevedra

No caso da ría de Pontevedra, salienta que “o mal estado desta ría débese a dous factores: a falla da adecuada depuración de augas residuais e a presenza aínda da planta de celulosa de Ence, que leva na  ría desde 1958 e “cuxo prazo remataba en 2018 pero que foi prorrogada mediante unha rápida e fulminante manobra por parte do Goberno de Rajoy en funcións”.

Fernández enfatiza que esta factoría leva décadas emitindo elementos contaminantes ao ar (gases de fecto invernadoiro, gases acidificantes..) e décadas contaminando as augas dunha das rías máis ricas e produtivas en moluscos e crustáceos. “Sábeno ben as mariscadoras que están cansas de denunciar a afectación á producción marisqueira e o impacto medioambiental”.

Pon de manifesto que o estado español enfróntase na UE a outros catro procedementos de infración en materia de saneamento e depuración, e que un deles afecta a aglomeracións cunha poboación de 10.000 habitantes. “Falamos das de Pontevedra, Marín-Bueu, entre outras”. “Falou o Ministerio coa Xunta para urxir á execución do sistema de depuración de augas residuais en Pontevedra? Non o cre necesario dadas as normativas comunitarias en materia de augas?”.

Download (PDF, 69KB)

Download (PDF, 94KB)