Novas

En Marea pregunta ao Goberno se está a coordinar medidas fronte á seca coa Xunta e os concellos

_MOA4154

O deputado de En Marea, Miguel Anxo Fernán Vello, pide que ao Goberno de Rajoy se tome en serio o cambio climático e o sitúe entre as súas prioridades. Alude á decisión da CHMS de declarar o estado de alerta no Miño-Sil pola seca. 

Iniciativahttps://gallery.mailchimp.com/124110c5c4ca02bed7d557215/files/e49cbc80-cdd9-47db-9eb2-997465db951f/PREGUNTA_SECA_CHMS.pdf

Madrid, 4 de outubro 2017. O deputado de En Marea por Lugo, Miguel Anxo Fernán, presentou unha batería de preguntas dirixidas á Ministra de Medio Ambiente, Isabel García Tejerina, debido á decisión da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil de declarar a alerta por seca na demarcación, que afecta sobre todo a zonas de Lugo e Ourense.

Dada a falta de choivas, Ferán Vello pregunta ao Ministerio se prevé que se chegue a declarar o seguinte estado, o Estado de emerxencia. “Se é así, que medidas se adoptarían? Que implicaría?”. Quer saber o deputado de En Marea se a Confederación Hidrográfica estáse a coordenar coa Xunta e os municipios a fin de abordar o grave problema de seca que padecen amplas zonas de Galiza”.

A auga debe ter sempre unha xestión pública

Asemade, alerta ao Executivo central sobre o cambio climático e as súas consecuencias e a necesidade de que “se tome en serio este problema e ocupe un lugar privilexiado entre as preocupacións políticas”. “Non cre que o que está a acontecer co clima, incluso en zonas tradicionalmente húmidas como Galiza, é unha mostra clara dunha das caras do cambio climático?”.

Fernán Vello tamén pón enriba da mesa a comercialización que se está a facer coa agua, ben público e escaso, desde as políticas do PP. Censura que se xestione desde máns privadas e defende que a xestión da auga sexa sempre pública, “non debe comerciarse cun servizo básico”.

Aproveitando que se trata da demarcación do Miño-Sil, Miguel Anxo Fernán Vello lembra que se trata dunha conca sobreexplotada, con máis de 70 encoros explotados polas principais compañías eléctricas, “unha situación que se debería revisar”. Pide que se paralicen por completo a posible concesión de máis licenzas de explotación e tamén de ampliacións.

O deputado de En Marea advirte ao PP “que se aínda ten dúbidas sobre o cambio climático e os seus nefastos efectos, que observe como se estende a seca a zonas como  Galiza onde nos últimos meses só parecen concatenarse anticiclóns pero as choivas son escasas. Debe adoptarse unha política da auga distinta, e primar este problema”.