Novas

En Marea pregunta ao Goberno se se abordou no padroado do Parque Nacional Illas Atlánticas o proxecto de plan rector de uso e xestión da Xunta

photo5866085407282801390-720x540

A deputada Alexandra Fernández traslada á Ministra “a enorme preocupación de En Marea pola falla dun Plan Rector que hai anos que tiña que estar aprobado” e lembra o “caos e a masificación que se produciu o ano pasado e sen Plan”.

https://gallery.mailchimp.com/124110c5c4ca02bed7d557215/files/a191289e-f4c2-4a44-9ee3-f2e75afa07a3/PREGUNTA_PLAN_RECTOR_USO_ILLAS_CI_ES.pdf

Madrid, 22 de junio 2018.  A deputada de En Marea no Congreso, Alexandra Fernández, presentou unha serie de preguntas dirixidas á Ministra de Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, para saber se se abordou nalgunha xunta do Padroado do Parque Nacional de Illas Atlánticas o proxecto de decreto polo que se aproba o Plan Rector de Uso e Xestión do Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas cuxo anuncio publicou a Xunta do DOGA o pasado 23 de marzo.

A deputada de En Marea pregunta a Teresa Ribera cal é a posición do Ministerio en relación a este proxecto de Plan de Usos e trasládalle a preocupación de En Marea polo enorme retraso, de anos, na aprobación dun Plan Rector de Uso e Xestión que é obrigatorio segundo a lexislación estabelecida.

A Xunta comprometeuse a aprobalo no primeiro semestre de 2018. Os deberes aínda pendentes

Lembra Alexandra Fernández que no ano 2008 a Xunta asumía mediante Real decreto as funcións e servizos en materia de conservación do Parque Nacional. O estado mantén competencias de carácter xeral e ten cinco representantes no Padroado, que é un órgao de carácter consultivo pero que entre as súas funcións está a de informar sobre o Plan Rector. “Son moitas as ocasións nas que se demandou á Xunta este necesario Plan que hai anos que tiña que ter sido aprobado. 16 anos após da súa declaración como Parque Nacional segue sen o preceptivo Plan a pesar de que houbo 40 borradores”.

A parlamentar de En Marea lembra o “caos e a masificación escandalosa sen control que as Illas sofriron o verán pasado. Debido á presión política, social e ecolóxica, a Xunta anunciou en noviembre pasado que presentaría o Plan de Uso para aprobado no Parlamento galego no primeiro semestre deste ano. Mais estamos ás portas de finalizar xuño e continúa pendente de aprobación. O 23 de marzo pasado a Consellaría de Medio Ambiente publicaba un anuncio polo que se acorda someter ao procedemento de información pública o proxecto. No prazo de información pública indícase que o proxecto poderá ser examinado na sede do Parque Nacional”.

De aí que interpelemos ao Ministerio para coñecer se pasou dito trámite, e de ser así, para coñecer a opinión do Goberno. Fernández chama a atención da Ministra porque o Parque Nacional de Illas Atlánticas é o único no ámbito marítmo terrestre que carece dese Plan. “Non lle parece grave desde un punto de vista medioambiental que dado o sucedido o pasado ano, cunha masificación salvaxe, e unha presión turística descomunal, aínda no se teña listo o Plan para esta nova tempada? Sabe se o Ministerio dialogou coa Xunta sobre este tema?