Novas

En Marea pregunta ao Ministerio de Medio Ambiente se vai pechar o acceso a covas e grutas na Praia das Catedrais

praia-das-catedrais-forelatos-com

 

O portavoz de En Marea no Congreso, Miguel Anxo Fernán Vello, quer saber se  Costas fixo algún estudo sobre a inestabilidade da estrutura pétrea deste espazo e se se plantexa o peche ao tránsito de xeito definitivo.

Iniciativa: https://gallery.mailchimp.com/124110c5c4ca02bed7d557215/files/29038c17-bbc2-4d8b-8376-b29125c04103/PREGUNTA_ESPAZO_AS_CATEDRAI.pdf

Madrid, 21 de maio 2018.  O portavoz de En Marea no Congreso, Miguel Anxo Fernán Vello, presentou varias preguntas dirixidas ao Ministerio de Medio Ambiente para saber cal é a súa posición sobre a posibilidade de pechar de xeito definitivo ao tránsito as zonas de covas, grutas e corredores do espazo de As Catedrais (Ribadeo, Lugo).

“Pode o Ministerio aportar información sobre a reunión celebrada a mediados de maio en Lugo sobre a situación do areal e do espazo de As Catedrais na que participaron todas as administracións? Cales son as conclusións? Cal é a postura do Ministerio de pechar o acceso ás zonas máis sensíbeis? Non que se trataría dunha medida preventiva a considerar?”, son algunhas das cuestións que dirixe a Tejerina.

Que medidas se van adoptar para garantir a seguridade dos visitantes?

Fernán Vello xa presentara unha iniciativa parlamentar con motivo do accidente mortal que se cobrou a vida dunha moza nos días festivos de Pascua debido ao desprendimento de rochas. “Esta área de grande valor xeolóxico é un lugar moi visitado, sobre todo nos últimos tempos nos que experimentou unha grande masificación que obrigou a establecer máximos de visitantes. En ocasións anteriores xa se fixeran advertencias pola existen de áreas de derrube nos acantilados”, explica o deputado de En Marea.

Pregunta ao Ministerio pola xunta celebrada en lugo na que se analizou o estudo preliminar no que se recomenda evitar o tránsito polas covas e áreas de grutas. “Segundo as informacións, a medida sería  temporal á espera das conclusións, pero interésanos coñecer a postura do Ministerio sobre as medidas a adoptar para evitar máis accidentes”.

“Realizou Costas estudos e análises sobre a inestabilidade da estrutura pétrea deste espazo? De ser así, qué medidas plantexa?”, pregunta o portavoz de En Marea.