Novas

En Marea pregunta ao Ministerio de Transición ecolóxica polo futuro da minicentral do río Enviande cuxa concesión caducou

eeeeee

Fernán Vello quer saber que concesións de explotación de centrais na saturada conca do Miño-Sil van caducar e pide ao Ministerio que repense o modelo e aposte por políticas públicas dos recursos naturais.

Iniciativas:
https://gallery.mailchimp.com/124110c5c4ca02bed7d557215/files/e0e4b45b-af77-423c-a520-896e94c55d92/PREGUNTA_CADUCIDADE_CONCESIO_NS_CONCA_MIN_O_SIL.pdf

https://gallery.mailchimp.com/124110c5c4ca02bed7d557215/files/2712d7a8-a1e0-47a6-aea4-5c2e9efd2f3d/PREGUNTA_MINICENTRAL_RIO_ENVIANDE_CHANTADA.pdf

Madrid, 10 de decembro 2018.  O deputado de En Marea no Congreso, Miguel Anxo Fernán Vello, formula unha serie de preguntas ao Ministerio de Transición Ecolóxica en relación ao caso concreto do futuro da minicentral hidroeléctrica do río Enviande, cuxa concesión caducou, e tamén outra serie de preguntas sobre a extinción da explotación de centrais na conca do Miño-Sil.

Fernán Vello quere saber o motivo polo que o Ministerio anunciou o inicio de trámites para sacar de novo a concurso a xestión da minicentral do río Enviande dado que o Presidente da CHMS anunciou recentemente que se ían “revisar todas as concesións próximas a caducar na conca do Miño-Sil, unha das máis saturadas e explotadas do estado”. “Non é certo que moitas destas infraestruturas están obsoletas e antigas e que sería o momento de analizar en profundidade a posibilidade de rebaixar a enorme presión e explotación que sofre esta conca?”.

O deputado de En Marea recolle que hai dous anos que caducou a concesión para a explotación da central hidroeléctrica do río Enviande, afluente do Miño, situada en Chantada. “Chamounos a atención que a Confederación puxese en marcha o expediente de extinción da concesión en outubro de 2016, e o pasado 10 de novembro o BOE publicase a resolución dese expediente e declarase esgotado o dereito da empresa a seguir a producir Enerxía nesa zona. Ao tempo, a Confederación anunciaba o inicio dos trámites necesarios para sacar a concurso a xesteión da minicentral”.

Debe aproveitarse a caducidade de concesións para analizar a situación 

“Por que non se aproveita unha extinción da concesión para apostar por políticas públicas, tanto para rexenerar os ríos como para facer unha xestión pública dos recursos? Vai o Ministerio investir no mantemento desta minicentral polo parón durante estes dous anos? De ser así, como se explica que queira voltar entregala a mans privadas?”.

O deputado de En Marea reprocha ao Ministerio que non se aproveiten as caducidades da explotación de centrais na conca sobresaturada do Miño-Sil para impulsar outro modelo e sobre todo, políticas públicas. Así, formula unha serie de cuestións para saber cantas concesións de centrais, minicentrais e presas na conca Miño-Sil caducaron recentemente ou están próximas a extinguirse. Insta ao Ministerio a repensar o modelo porque o Miño-Sil  “é a conca que sofre unha maior explotación privada dos seus recursos naturais. Tanto é así que o río Sil foi definido por organización ecoloxistas como unha cadea de centrais hidroeléctricas”. Soporto máis de 70 encoros de diverso tamaño esta conca.

Para Fernán Vello é o momento de redefinir este modelo e levar a cabo unha análise do estado da cuestión. “Non esquezamos que teñen un enorme impacto medioambiental e que os galegos e as galegas non percibimos ningún beneficio porque os nosos recursos sexan explotados enerxéticamente por empresas privadas que non teñen aquí o seu domicilio fiscal”.