Madrid, 12 de xullo de 2018. O voceiro de En Marea no Congreso, Antón Gómez-Reino, ven de rexistrar unha batería de preguntas relativas á paralización da venta e devolución dos terreos do Campo da Estrada da Coruña.
O deputado pregunta ao Goberno se ten previsto facilitar a devolución gratuita ao Concello da Coruña dos terreos e parcelas sitas no Campo da Estrada para o seu uso público, xa que “son espazos comunais, bens propios e pertencentes á cidade desde a súa fundación”.
Gómez-Reino agarda que haxa avances nesta cuestión após o cambio do Goberno, polo que pide unha Mesa de Negociación entre o Ministerio de Defensa e o Concello da Coruña “para estudar o traspaso de ditas parcelas referidas”.