Novas

En Marea pregunta ao novo Goberno polo futuro do edificio de Aduanas

photo_2018-01-09_14-30-23

Yolanda Díaz solicita información sobre ás axudas do Executivo de Sánchez á industria de Ferroltera

Madrid, 13 de xuño de 2018. A deputada de En Marea no Congreso, Yolanda Díaz, vén de rexitrar varias iniciativas dirixidas ao novo Goberno do Estado, para coñecer as intencións do executivo en varios temas claves para o futuro da comarca de Ferrolterra.

Yolanda Díaz insta ao Goberno a pronunciarse sobre o edificio de Aduanas en Ferrol, e lémbralle ao Partido Socialista que o seu grupo apoiou no Congreso a aprobación da PNL de En Marea que instaba tanto á levar a cabo as obras de mantemento e acondicionamento necesarias do inmoble procedente da Garda Civil, como a iniciar os trámites para a cesión gratuita do edificio ao Concello de Ferrol. Agora a deputada de En Marea pregunta ao Executivo de Pedro Sánchez se vai cumplir co mandato aprobado no Congreso dos Deputados, un acordo parlamentario apoiado polo grupo socialista.

Axudas á reindustrialización

Yolanda Díaz tamén rexistrou varias preguntas parlamentarias para coñecer as previsións do novo Goberno en materia industrial, instado a modificar as actuais condicións para poder acceder aos créditos do denominado Plan Ferrol, xa que como lembra a parlamentaria galega o endurecemento das condicións fixo case imposible que as empresas poideran optar a estas axudas. De feito, sinala Díaz, o ano pasado tan só se presentaron dous proxectos e tan só un deles foi aprobado. Así mesmo, Yolanda Díaz pregunta polas previsións do Goberno de por en marcha unha mesa de traballo para a revisión dos programas de reindustrialización e fomento da competitividade industrial, coa participación de axentes empresariais, sindicais e sociais, así como das administracións autonómica e locais, que teña por obxecto a súa mellora e adecuación como ferramenta de apoio ao desenvolvemento industrial territorial baixo criterios de sostenibilidade económica, social e ecolóxica.

Solicitudes de Información

Finalmente, a deputada de En Marea solicitou ao Goberno de Pedro Sánchez varios convenios, en base á Lei 19/2013 de Transparencia, Acceso á Información Pública e Bo Goberno, polo que o executivo non debería poñer impedimento en facilitalos toda vez que se trata de empresas públicas as implicadas na sintaura dos mesmos.

Así, Yolanda Díaz solicitou os Contratos do Proxectos Wikinger e East Anglia 1, asinados entre Navantia e Iberdrola para a construcción de cimentacións mariñas para as estructuras eólicas offshore.

A deputada de En Marea tamén pediu, de novo, os Estudios das normas de seguridade para as maniobras de entrada e saída de gaseiros na Bahía de Ferrol, con orixe ou destino en Reganosa.

Download (PDF, 72KB)