Novas

En Marea pregunta a Fomento pola marcha das obras da A-54 (Melide-Arzúa) e polas probas dos prototipos para a A-8

L27L4027

Fernán Vello presenta iniciativa de control para que non haxa máis retrasos co remate da A-54 que leva 14 anos de execución, e para que se cumpra coas consignacións orzamentarias para a A-8.

https://gallery.mailchimp.com/124110c5c4ca02bed7d557215/files/96c5400c-994b-4151-9813-998c6bce5094/PREGUNTA_A_54_MELIDE_ARZU_A.pdf

https://gallery.mailchimp.com/124110c5c4ca02bed7d557215/files/5939ed4e-65e0-404c-b8df-362fdcc2323c/PREGUNTA_TRA_MITE_A_8.pdf

Madrid, 8 de novembro 2018.  O deputado de En Marea no Congreso, Miguel Anxo Fernán Vello, presentou varias iniciativas parlamentares para presionar a Fomento en relación ao estado de dúas infraestruturas viarias, unha inacabada, e a outra sen solución aos seus continuos peches por néboas intensas.

Fernán Vello pregunta ao Ministerio pola marcha das obras do tramo entre Melide e Arzúa da A-54, a vía proxectada para mellorar a comunicación entre Lugo e Santiago a fin de sortear as destrozadas estradas estatais como a N-547. O deputado de En Marea que saber cal é o estado das actuacións e se os traballos se están a desenvolver a bo ritmo. “Cando se prevé a súa finalización? Comprométese Fomento a que non haberá máis retrasos na execución desta vía?”.

Lembra o parlamentar de En Marea que esta autovía leva máis de 14 anos en construción. “En marzo pasado o entón Ministro de Fomento e o Presidente da Xunta acudiron a Arzúa para colocar a primeira pedra das obras do tramo Melide Sur-enlace Arzúa Oeste da A-54. Un acto cuxo único obxectivo era o de acalar as críticas sociais e políticas pola insufríbel demora que sofre esta infraestrutura viaria, aínda sen rematar”.Fernán Vello pide a Fomento que clarexe a data exacta de remate e se vai ser cara o 2022.

Tomarse en serio o problema da A-8. Viaducto de Vedros 

Por outra parte, o deputado de En Marea tamén presentou unha serie de cuestións relativas ao ensaio dos prototipos de sistemas innovadores de proteción antinéboa no tramo da A-8 entre Mondoñedo e A Xesta. “Cal é o grao de execución da partida de 5,4 millóns consignada nos Orzamentos para este tema? Estáse a executar? Vanse executar as partidas en tempo e forma?”.

Miguel Anxo Fernán Vello isnta a Fomento a tomarse en serio a solución técnica para a A-8 porque no pasado mes de outubro rexistrouse un accidente en cadea en Abadín cunha persoa grave. “Supérese o estancamento e cúmprase coa execución orzamentaria sen máis retrasos. Os habitantes da Mariña precisan contar con infraestruturas óptimas para circular por elas”.

Asemade, dirixe unha serie de preguntas en  relación ao problema detectado no viaducto de Vedros en Mondoñedo. “Tivemos coñecemento de que Fomento vai efectuar unha actuación nese viaducto para reforzar os piares debido a un problema de filtración da auga, o que pode socavalos”. “Non se observou este problema até agora? Por qué non se detectou antes? Garante o Ministerio a seguridade na ponte? En que van consistir as obras?”.