Novas

En Marea pregunta a Fomento polo informe crítico da CNMC por non incluir a apertura de tramos ferroviarios como o de Zamora-Pedralba

photo5904691090190084222

Madrid, 9 de febreriro de 2017. A deputada de En Marea, Alexandra Fernández, rexistrou varias preguntas relativas á Declaración sobre a Rede de Adif e Informe crítico da CNMC por non incluir a apertura de tramos ferroviarios como o de Zamora-Pedralba, o tramo inmediatamente anterior que da acceso a Galiza.

“Por que razón Adif na súa Declaración sobre a Rede non inclúe as previsións sobre a apertura de novos tramos ou conexións ferroviarias? Por que non aparece o tramo de AVE Zamora-Pedralba cuxa finalización está prevista para finais do presente ano?”, sinala a deputada.

Ademais, Fernández pregunta ao Executivo pola súa opinión sobre a crítica que a CNMC realiza no seu informe de avaliación por non contemplar a apertura de tramos como o aludido, aínda cando o propio Presidente do Goberno a finais de decembro de 2017 anunciou a súa apertura.

“Que pode alegar o Ministerio de Fomento do reproche da CNMC que indica que “sorprende que os borradores remitidos non inclúan información concreta sobre a posta en servizo que, aparentemente e de acordo con información pública, entrarán en funcionamento nun horizonte temporal próximo”?, inquire En Marea.

Download (DOC, 206KB)