Novas

En Marea pregunta á ministra de Agricultura pola súa relación cos escándalos de Fertiberia

photo5796530735501389098

“Que leva a unha ministra de Agricultura, Alimentación, e Medio Ambiente a poñer en risco a saúde de millóns de persoas? Pois moi fácil. Porque defende aos seus. Defende aos que lle pagaron e volverán a pagar nas portas xiratorias”, asegurou o deputado de En Marea e voceiro da Comisión de Agricultura, Antón Gómez-Reino.

 

Madrid, 21 de febreriro de 2017. O deputado de En Marea e voceiro da Comisión de Agricultura, Antón Gómez-Reino, preguntou este mércores á ministra de Agricultura, Alimentación, e Medio Ambiente polo seu papel no escándalo de Fertiberia.

“Neumonitis, enfisema, insuficiencia renal… Sabe de que lle falo, señora Tejerina? Estes son os efectos que provocan os tóxicos nos fertilizantes que vostede patrocina”, denunciou o deputado no pleno.

Gómez-Reino preguntouse que leva a unha ministra de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente a poñer en risco a saúde de millóns de persoas.

“Pois moi fácil. Porque defende aos seus. Defende aos que lle pagaron e volverán a pagar”, denunciou o parlamentar de En Marea, que enumerou os diferentes cargos de Tejerina desde o ano 2000 ata a actualidade.

  • Ano 2000- Secretaria Xeral de Agricultura, ata maio de 2004
  • Ano 2004- Directora de Planificación estratéxica de Fertiberia, propiedade de Villar Mir. Ese mesmo ano, Conselleira de Fertial, compañía arxelina produtora de fertilizantes, tamén propiedade de Villar Mir.
  • Ano 2014- Ministra de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.

“Non fai falta moita imaxinación, entra e sae do Ministerio e de Fertiberia, e curiosamente descubrimos que o frea expedientes sancionadores contra a empresa que lle pagou”, explicou.

“Bolsas de fosfoxesos en Huelva: O seu ministerio freou un expediente sancionador contra a súa empresa, o maior vertedoiro de residuos industriais, tóxicos e radioactivos de Europa. Ademais, hai unha investigación aberta na Audiencia Nacional por sobornos de 2 millóns de dolares a militares arxelinos, soalle señora ministra?”, explicou.

O deputado insistiu en que o ministerio de Tejerina tamén bloqueou a normativa para reducir o cadmio nos fertilizantes no Consello da unión Europea.

“Para quen traballa? Están vostede e as súas portas xiratorias envelenando á cidadanía? Corrómpese e envelénanos! Se tivera vergoña democrática dimitiría”, rematou o deputado.

A ministra evitou responder ás preguntas do deputado de En Marea, e limitouse a ler unha resposta que non aportaba información algunha sobre o escándalo de Fertiberia no que podería estar implicada.