Novas

En Marea pregunta no Congreso sobre a incomunicación do Courel e sobre a necesidade de apoiar a candidatura de xeoparque mundial

dsc_0200

O deputado de  En Marea, Miguel Anxo Fernán Vello, pide explicacións pola incomunicación que padeceu O Courel sen teléfono e sen internet durante máis de oito días e a falla de servizo do cuartel da Garda Civil

Fernán Vello tamén demanda que o Comité español de Cooperación coa UNESCO facilite canto antes a carta de apoio á canditura de O Courel a Xeoparque Mundial

Iniciativas: https://gallery.mailchimp.com/124110c5c4ca02bed7d557215/files/3447ba5f-ae25-428a-8bc4-78ef243a61e0/PREGUNTA_FOLGOSO_DO_COUREL_INCOMUNICACIÓN_1_.pdf

https://gallery.mailchimp.com/124110c5c4ca02bed7d557215/files/8ddc5e8b-3f3f-40df-b24a-633748b37653/PREGUNTA_XEOPARQUE_MUNDIAL_O_COUREL.pdf

Madrid, 6 de novembro de 2017. O deputado de En Marea por Lugo, Miguel Anxo Fernán Vello, ven de presentar no Congreso iniciativas parlamentares sobre a longa incomunicación que padeceu  O Courel após da vaga de lumes, e sobre a necesidade de que o Comité español de Cooperación coa UNESCO axilice a carta de apoio á candidatura de O Courel a Xeoparque Mundial.

Sen teléfono e sen rede, e un cuartel de tres plantas pechado. 

Fernán Vello explica que a comarca de A Montaña de Lugo sofre “os mesmos males que outras zonas do ámbito rural como son o despoboamento, o envellecemento da poboación, o illamento e a falla de políticas activas para fixar poboación e garantir outras formas de vida”. Por riba, enfatiza, nos días posteriores á vaga de lumes, Folgoso do Courel estivo máis de oito días sen comunicacións telefónicas e sen rede de internet. “Esta longa incomunicación provocou numerosos problemas para os veciños e as veciñas na súa vida cotiá, sen poder facer operacións bancarias, nin chamar aos servizos de teleasistencia no caso de persoas maiores, nin outros servizos do día a día”.

A esto súmase o feito de contar cun cuartel da Garda Civil “no que se fixo unha importante inversión, que non se utiliza. Na porta deste edificio de tres plantas só consta un número de teléfono para casos de emerxencias. Eso é todo. Co cal, os veciños teñen que ir facer denuncias a outras localidades distanciadas. Por qué razón este cuartel de Seoane está nunha situación de desuso? A qué se debe esta situación após dun importante investimento? Cre que é normal que os veciños teñan que ir a outras localidades tendo un cuartel ao lado?”.

Respalden a candidatura a Xeoparque Mundial 

Noutra orde, o deputado de En Marea tamén dirixe unha serie de cuestións ao Goberno con motivo do retraso do Comité español de Cooperación da UNESCO en facilitar a carta de apoio para promover a candidatura de O Courel a Xeoparque Mundial ante a UNESCO. Neste sentido, faise eco da demanda promovida por diversos concellos, denominada Montañas do Courel, que pide celeridade ao comité español posto que o 30 de novembro remata ao prazo para a presentación formal da candidatura ante a Unesco.

Miguel Anxo Fernán Vello pón en valor as características xeolóxicas de O Courel nunha superficie de 557 km cadrados con moitos vestixios para estudar épocas que van desde o Neoprotezoico até o Carbonífero, e onde se localizan 97 xeositios, cos cais a súa maioría pertencen á Rede Natura 2000.

Insta ao Goberno a apoiar esta candidatura e a facilitar canto antes mediante o requisito da carta requerida, o seu respaldo para poder continuar coa tramitación.