Novas

En Marea pregunta no Senado ao Goberno pola folga da CRTVG

photo5821166173990006327

Madrid, 23 de novembro de 2018. A senadora de En Marea, Vanessa Angustia, rexistrou varias iniciativas para preguntar ao Goberno polos dereitos laborais dos traballadores e traballadoras da CRTVG, no marco das competencias do Estado.

“O goberno debe garantir o cumprimento dos dereitos dos traballadores, así como velar por unha comunicación plural, transparente e veraz tal e como recolle a lexislación en materia de Comunicación audiovisual. Está nas súas obrigas polo tanto interlocutar coa Xunta de Galicia cara un medio público de calidade que remate con tantos Venres Negros das traballadoras en defensa dunha CRTVG de calidade”, sinala a Senadora

 A senadora lembra a folga do pasado día 20 de novembro, cun exitoso seguimiento fixado no 80% polo comité intercentros.
“Ao redor de 950 traballadores, entre fixos e eventuais, estaban chamados a secundar paros de dúas horas que obrigaron a modificar a programación establecida”, lembra Angustia.

Ante esta situación, e no marco competencial establecido, “prevé o Goberno emprender algún tipo de medida de cara á protección dos dereitos laborais do persoal de CRTVG, ante as abusivas e fraudulentas prácticas de contratación sistemáticas que se están producindo no ente público?”, sinala.

Ademais, En Marea quere coñecer se o Goberno prevé “algún tipo de iniciativa para paralizar o proceso de externalización na contratación e produción de contidos que padece actualmente a CRTVG”.

A senadora tamén pregunta polas medidas para garantir o dereito á información do pobo galego e a necesaria independencia informativa de CRTVG e polas accións orientadas a poñer fin ás malas prácticas informativas e a manipulación á que está sometida actualmente a CRTVG.

Download (PDF, 135KB)