Novas

En Marea pregunta no Senado pola revisión da prórroga da concesión a ENCE e o Goberno evita comprometerse

photo5816831143239069332

 

 

Madrid, 11 de setembro de 2018. A senadora de en Marea, Vanessa Angustia, preguntou este martes ao Goberno na sesión de control ao Senado pola revisión da prórroga da concesión a ENCE na Ría de Pontevedra.

 “Pensa o Goberno prorrogar la concesión de ocupación do dominio público marítimo-terrestre na Ría de Pontevedra concedida á empresa ENCE enerxía e celulosa S.A en 2016?”, preguntou a senadora.

Ante esta pregunta, o Goberno evitou comprometerse, alegando que están “coa prórrogas pendentes de dar ou negar concesión” e que rematado esta tarefa, “verán abrir estudo das prórrogas concedidas tras a 2/2013 de costas”.

“Isto é inadmisible, unha actuación irregular dun Goberno que debe ser subsanada e rectificada de inmediato”, afirmou a senadora.

Angustia destacou que a Ría de Pontevedra perdeu riqueza e sostibilidade na explotación con motivo da concesión de ocupación marítimo-terrestre a ENCE, “que ademais dividiron físicamente as poboacións da zona”.

En Galicia hai unha cidadanía concienciada que se opón a ENCE cunhas peticións claras que só requiren de vontade política:

-Un Proxecto de Lei para a recuperación dos niveis de protección litoral derogados polo PP para permitir que ENCE campase ás súas anchas-
A revocación da prórroga ilegal concedida polo Goberno en funcións de Mariano Rajoy no 28 de xuño do pasado ano.