Novas

En Marea pregunta a Tejerina por que non pediu axudas á UE para paliar os danos dos lumes

incendios-ourense-galicia-verano-2013-default

Madrid, 18 de decembro de 2017. O deputado Antón Gómez-Reino rexistrou unha batería de preguntas, tanto escritas como orais, á ministra de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, para preguntar polos motivos polos que o Goberno non pediu axudas á Unión Europea para paliar os danos dos lumes.

“Parece que Mariano Rajoy no conta nada en Europa, pero a cidadanía galega non pode agardar máis despois da vaga de lumes sufrida en outubro”, asegurou o deputado.

En Marea non se explica a “pasividade do Goberno” para facer a “solicitude de fondos europeos para paliar os efectos dos lumes que se produciron fai pouco máis dun mes”.

O Goberno de Rajoy, a través do ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, debería ter solicitado aos seus distintos Fondos e programas do Corpo de solidaridade, para paliar os danos producidos pola ola de incendios que asolaron Galicia e o resto da cornisa cantábrica.

Ademais, En Marea pregunta ao Executivo se, en coordinación coas Comunidades Autónomas afectadas, realizaron unha evaluación rigorosa dos danos directos totais para que a Comisión dispoña de información sobre a magnitude dos danos sufridos.

Download (PDF, 278KB)

Download (PDF, 179KB)