Novas

En Marea presenta en Chapela as iniciativas rexistradas no Congreso para a gratuidade da AP-9 entre Redondela e Vigo

photo5796287266690280387

A deputada de En Marea, Alexandra Fernández, mantivo un encontro coa Asociación de Veciños de Chapela para abordar a problemática en torno á AP-9 e presentarlles as iniciativas rexistradas no Congreso.

 

Iniciativas: https://gallery.mailchimp.com/124110c5c4ca02bed7d557215/files/14026c19-abee-4d30-81ca-992c4c0e1a07/PNL_GRATUIDADE_AP_9_REDONDELA_VIGO.pdf

https://gallery.mailchimp.com/124110c5c4ca02bed7d557215/files/4c6da003-00fe-4d0b-a2b5-98cee91a023b/PREGUNTA_AP_9_ENTRAAD_VIGO_TRAVESIA_URBANA.pdf

Madrid, 16 de noviembre 2017. A deputada de En Marea, Alexandra Fernández, mantivo esta mañá en Chapela un encontro coa Asociación de Veciños para abordar os problemas en torno á Autoestrada do Atlántico AP-9 ao seu paso por Redondela e como vial de acceso á cidade de Vigo.

Os veciños trasladáronlle as distintas problemáticas que provoca esta autoestrada e que denunciaron en diferentes movilizacións realizadas ao longo destes días.

Por un lado, a petición de que o tramo da AP-9 entre Redondela e Vigo sexa gratis, e por outro, os problemas derivados da alta contaminación acústica que causa este vial ao seu paso por bairros como Teis e a necesidade de convertila nunha travesía urbana.

O tramo Redondela-Vigo hai tempo que debía ser gratis

Alexandra Fernández fíxolles entrega das iniciativas parlamentares rexistradas no Congreso en atención a estas demandas. Así, explicoulles a proposición non de lei e preguntas parlamentares para que Fomento inicie un proceso de negociación coa empresa concesionaria AUDASA co obxecto de liberar de peaxe o tramo Redondela-Vigo posto que funciona de facto como unha circunvalación da cidade viguesa e tamén é unha vía fundamental para o sector transportista que traballa no porto e na área industrial.

Nese sentido, empreza a Fomento a ter en conta que a AP-9 funciona como circunvalación noutras cidades como A Coruña, Pontevedra e Santiago, onde non se cobran peaxes para acceder ás urbes.

A deputada de En Marea enfatizou que a supresión da peaxe facilitaría o tráfico do transporte pesado dado que é a vía natural para a circulación dos camións que veñen do porto. “É unha demanda unánime que fan veciños e veciñas de Redondela, de Chapela, de Vigo, concellos, o sector do transporte, o empresariado e institucións varias”.

Ademais, Fernández considerou que a peaxe supón un auténtico tapón para o desenvolvemento e a competitividade do porto, así como para a movilidade da cidade de Vigo que polas súas características debería contar cunha circunvalación gratuita. Tamén denunciou o elevado custe da peaxe.

A AP-9 na entrada a Vigo debe ser unha travesía urbana

No que atinxe á contaminación acústica da AP-9 no acceso a Vigo, aludiu á proposición non de lei e preguntas rexistradas para que o tramo de entrada á Vigo se convirta nunha travesía urbana, como “instrumento preciso para mellorar a circulación, rebaixar a contaminación acústica, resolver os problemas de acceso ao porto, mellorar a habitabilidade da veciñanza, reducir a conxestión de tráfico e eliminar o tránsito de camións pola cidade”.

Son iniciativas complementares que canalizan no  Congreso todas estas peticións.