Novas

En Marea presenta iniciativas no Congreso demandando axudas directas aos sectores afectados polas xeadas

dsc_0217

A deputada Alexandra Fernández rexistrou unha proposición non de lei na que pide ao Goberno que se declaren zonas de desastre natural ás comarcas afectadas polas xeadas que, especialmente provocaron danos na producción vitivinícola de Monterrei, Valdeorras, O Ribeiro e Ribeira Sacra

Iniciativas: https://gallery.mailchimp.com/124110c5c4ca02bed7d557215/files/77bd5253-c2b1-497b-82b7-3acb735e0904/PREGUNTA_DANOS_XIADAS_COMARCAS.pdf
https://gallery.mailchimp.com/124110c5c4ca02bed7d557215/files/35112fde-9b8d-458d-9271-7e5b6d5ef58e/PNL_IMPACTO_XIADAS_COMARCAS.pdf

Madrid, 4 de maio de 2017. A deputada de En Marea, Alexandra Fernández, presentou unha proposición non de lei e unha pregunta parlamentar na que pide ao Goberno que habilite axudas directas a todos os afectados e afectadas polos danos nas súas producións agrarias, con especial incidencia no sector vitivinícola.

Ademáis, Alexandra Fernández demanda ao Executivo central que declare zonas de desastre natural ás comarcas galegas que sofriron o impacto das bruscas xeadas dos días 26 e 27 de abril, provocando importantes danos e destrozos na producción agraria, cun forte impacto nos viñedos de comarcas con denominación de orixe: Valdeorras, Monterrei, O  Ribeiro e Ribeira Sacra, así como noutros cultivos.

A deputada de En Marea enfatiza a afectación no sector produtor de viño, pero non esquece que as estremas xeadas afectaron tamén a outras producións como a pataca de temperá na Limia, ou o pimento de Oímbra, así como producións de cereais e produtos da orta.

Especial impacto na produción vitivinícola

A parlamentar de En Marea traslada ao Goberno os feitos producidos nas noites do 26 e do 27 de abril, cando os termómetros caeron bruscamente a menos 8 graos, causando enormes danos na producción agraria de áreas como as mencionadas. “Tivo un especial impacto nos viñedos. As avaliacións técnicas cifran as perdas nuns 3,8 millóns en Valdeorras sobre o 80% da súa producción. En O Ribeiro calcúlanse as perdas en 7,2 milóns sobre o 75% da súa producción. En Ribeira Sacra sitúanse as perdas nuns 3,5 millóns que afectaría a máis do 60% dos seus viñedos. En Monterrei fálase de perdas que chegan ao 95% das colleitas”.

Alexandra Fernández destaca a importanza de sectores como o nomeado, “que é o principal sustento económico de comarcas enteiras”. De aí a necesidade de aprobar axudas directas aos produtores e produtoras para paliar os danos, sufragar os coidados e as medidas correctivas estraordinarias para a recuperación das colleitas”. Neste sentido, critica a posición da Xunta que só está disposta a habilitar créditos blandos en lugar acordar subvencións directas.

Nun último punto, a deputada de En Marea demanda ao Executivo que “en concreto, contemple axudas destinadas a iniciar con urxencia a poda e aplicación de tratamentos cicatrizantes que impulsen a recuperación dos viñedos”.