Novas

En Marea presenta as iniciativas sobre a reforma do mercado eléctrico

photo5821238024497900958 (1)

Audio: https://bit.ly/2Jpn6M0

A deputada Yolanda Díaz lembrou que para a cidadanía no conxunto do país, un dos problemas máis serios, é o pago da luz, polo que unha das urxencias do novo Goberno “é actuar na determinación do prezo dun servizo especial”.

Madrid, 7 de xullo de 2018. A deputada de En Marea, Yolanda Díaz, e o enxeñeiro Xosé Bembibre, ofreceron este xoves unha rolda de prensa para presentar varias iniciativas sobre a reforma do mercado eléctrico

“Unha das urxencias do novo Goberno é actuar na determinación do prezo dun servizo especial, que non é un produto máis, senón que é un servizo de primeira magnitude que atende ás necesidades básicas da cidadanía. É un dereito fundamental”, asegurou Díaz.

A deputada lembrou que no Congreso rexistramos moitas iniciativas que actúan nunha dobre vía: intervención pública para o prezo nos pequenos consumidores e a distribución da enerxía.

“No que atinxe ao prezo da enerxía, en relación ao prezo da electricidade, que se está disparando, afecta á economía doméstica e familias. Queremos que se saque do mercado diario a determinación do prezo da enerxía, porque para conseguir prezos baratos temos que actuar doutra maneira”, insistiu Díaz.

Por isto mesmo, nas iniciativas presentadas contémplase a posibilidade de desenvolver reglamentariamente a Lei do sector eléctrico para permitir a xestión da contratación da enerxía para poder intervir.

Ademais, queremos derogar un dos preceptos que impide actuar nesta cuestión.

Pola súa banda, o enxeñeiro e experto nesta cuestión, José Bembibre, insistiu na cuestión do mercado marxinal, que hai “unha cesión de soberanía en favor de Europa”.

“Estamos asistindo a un euro enerxético, é dicir, transferencia de soberanía en temas enerxéticos”, insistiu, destacando que non podemos modificar o mecanismo de asignación de prezos.

“Para romper con este proceso sinala que a solución é que haxa enerxía que non vaia ao mercado, a lexislación europea non fixa que toda a enerxía se teña que comercializar. Pódese ofertar a prezos regulados”, asegurou.

 

Download (PDF, 72KB)

Download (PDF, 238KB)