Novas

En Marea presenta no Congreso a importante Lei de Igualdade Retributiva

photo6015086537269684904 (7)

Madrid, 24 de outubro de 2017. En Marea e o grupo confederal presentou este martes no Congreso a “importante Lei de Igualdade retributiva” unha das iniciativas “máis relevantes deste período de sesións”.

Esta iniciativa é, sobre todo, unha Lei de Transparencia e Información en materia retributiva

“A Lei de Igualdade Retributiva é para toda a sociedade e para a economía. A fenda salarial custa millóns de euros”, asegurou a voceira de En Marea, Yolanda Díaz.

“O país que vén non se pode construír sen as mulleres e homes en pé de igualdade. Esta Lei manda unha mensaxe de cambio para un tempo novo”, engadiu Díaz.

A presente Proposición de lei pretende, desde unha perspectiva transversal, establecer os mecanismos para asegurar a igualdade retributiva entre mulleres e homes mediante a implantación de mecanismos específicos seguindo a Recomendación da Comisión Europea de 7 de marzo de 2014.

A tal efecto, sinalou Yolanda Díaz, proponse a adopción de medidas e cambios normativos en ata 10 normas. Entre elas e principalmente: o Estatuto dos Traballadores, a Lei do Estatuto Básico do Empregado Público (EBEP), a Lei Xeral da Seguridade Social, a Lei Reguladora da Xurisdicción Social e a Lei sobre Infraccións e Sancións na Orde Social.

Entre as medidas máis ambiciosas da Lei hai que destacar aquelas en materia de información e transparencia en materia retributiva, como son a información á persoa traballadora individual, información a representantes, auditorías salariais e obligacións na negociación.

“A nosa proposición pretende desenvolver todos estes mecanismos, mostrando un compromiso de igual nivel que os países europeos máis avanzados na materia”, como destacou a voceira de En Marea.

Asemesmo, esta Proposición de Lei contempla medidas relativas á correcta valoración dos postos de traballo, para garantir unha retribución igual por traballos de igual valor, medidas en relación con outros aspectos da relación laboral que inciden de xeito evidente na discriminación salarial, medidas no ámbito da función pública, no ámbito procesal, para favorecer a posibilidade de demandar e medidas para garantir a efectividade desta novedosa regulación en materia de igualdad retributiva.

Yolanda Díaz destacou que o Goberno non debería poder vetar esta lei porque desenvolve a Recomendación da Unión Europea para loitar contra a fenda salarial entre mulleres e homes. De facelo, denunciou a voceira de En Marea, recurriremos ás instancias europeas en base ao Tratado de Funcionamento da UE e a Carta de Dereitos Humanos.

 

Download (PDF, 30.13MB)