Novas

En Marea presenta un escrito á Mesa do Congreso por convocar pleno o 25 de xullo e pide que se respecte a importancia do Día de Galicia

47f59d11-c32f-49b9-b7f0-0dc4ba16d292

Madrid, 24 de xullo de 2018. As deputadas e deputados de En Marea rexistraron no Congreso un escrito con motivo da convocatoria por parte da Presidenta do Congreso, Ana Pastor, dun pleno para o 25 de xullo, coincidindo co Día Nacional de Galicia.

“A En Marea gustaríalle que se tivese en conta esta circunstancia para a determinación da axenda do Congreso, evitando a súa coincidencia e respectando a celebración oficial de Galicia”, sinala o documento.

A xuízo de En Marea, as institucións do Estado “deben asumir o seu carácter plurinacional e respectar o conxunto dos seus símbolos e celebracións”.

En todo caso, desde este grupo solicitamos que o Congreso tome en consideración o significado e a importancia do Día Nacional de Galicia á hora de establecer a axenda do Congreso e respecte as festividades das diferentes nacións que compoñen o Estado.

Download (PDF, 42KB)