Novas

En Marea presenta unha iniciativa para pedir a prohibición progresiva do uso dos utensilios de plástico

photo5814398503827385460

 

A Coruña, 28 de febreiro de 2018. O deputado de En Marea, Antón Gómez-Reino, presentou este mércores en rolda de prensa a iniciativa rexistrada no Congreso sobre a prohibición progresiva do uso dos utensilios de plástico de acordo aos obxectivos ambientais.

“Vertemos 200 quilos de plástico ao mar cada segundo. É hora de abordar o problema con calma e pedagoxía, desde a sociedade civil pídese lexislar para eliminar plásticos innecesarios”, insistiu o deputado.

Gómez-Reino sinalou que se trata dunha inciativa presentada na Comisión de Agricultura e que xa se está aprobando “en democracias avanzadas, como Francia”.

“O 35-40% da producción de plásticos industriais é para envases, e as consecuecias ambientais e para a saúde son moi severas”, denunciou, insistindo en que dende o marco lexislativo hai que dar un xiro de 180º.

Esta iniciativa fala de implementar medidas lexislativas para que a partir do 1 de xaneiro de 2020 deixe de haber plásticos en envases e en elementos de uso doméstico e particular, potenciando outro tipo de materiais, como acontece en outros países.

“Queremos impulsar as modificacións lexislativas necesarias para prohibir o uso, comercialización, importación e exportación de utensilios como pratos, vasos, copas, cuncas, cubertos e palliñas desechables, é dicir, deseñados para a súa retirada logo dun só uso, íntegramente fabricados en calquera variedade de plástico, establecendo que, a partir do 1 de xaneiro de 2020 que estes produtos deberán ser fabricados polo menos nun 50 % con sustancias biodegradables procedentes de materias orgánicas, como o almidón ou a fécula de pataca e a partir do 2025, en polo menos o 60%”.

As consecuencias non se fan esperar: “os danos nos océanos non se fan esperar, o cambio lexislativo non pode tardar”.

TEJERINA

O deputado de En Marea, tamén lembrou na rolda de prensa a Proposición para a reprobación da Ministra de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, Isabel García Tejerina, rexistrada no Congreso para o seu debate e votación en Pleno.
“Desvelouse que a Ministra levaba tempo bloqueando a posta en marcha dunha directiva europea sobre o uso de fosfatos tóxicos de cadmio. Tejerina é un caso flagrante de portas xiratorias. Vimos como a ministra mentía, amparándose en que os países do marco europeo mantiñan a mesma posición que o Estado español, cando era falso”, sinalou o parlamentar.

Gómez-Reino voltou pedir a súa dimisión porque está “implicada nunha porta xiratoria de forma evidente e minte de xeito reiterado en sede parlamentar”.

 

Download (PDF, 1.89MB)