Novas

En Marea presenta unha reconsideración polo veto do Goberno e da Mesa ao debate da AP-9

photo5938135059926198639

“Este veto, do Goberno e da Mesa, mostra a irrelevancia de Feijóo no Partido Popular. Unha petición aprobada por unanimidade no Parlamento galego ten que debaterse e aprobarse no Congreso, non caben vetos”, asegurou a deputada, Yolanda Díaz.

Reconsideración: https://gallery.mailchimp.com/124110c5c4ca02bed7d557215/files/f2d45dfe-d02b-43d1-a978-547312ea8ebd/RECONSIDERACIÓN_AP_9.pdf

Rolda de prensa: https://www.youtube.com/watch?v=–Vt1187Z4w&t=9s

 

Madrid, 28 de setembro de 2017. O grupo de En Marea no Congreso rexistrou este xoves unha petición de reconsideración polo veto da Mesa ao debate da Proposición do Parlamento de Galicia da Lei Orgánica de transferencia da titularidade e das competencias da AP-9 á Xunta de Galicia.

“Pedimos a reconsideración deste veto, toda vez que o Goberno español está fraudulentamente empregando o artigo 134.6 da Consititución. Neste caso, a demanda do Parlamento galego non supón ningún incremento do gasto público. Piden a transferencia da AP-9 para ser xestionada polo Goberno do noso país, unha lei que foi aprobada por unanimidade no Parlamento”, asegurou a voceira no Congreso, Yolanda Díaz, xunto coas deputadas Alexandra Fernández, Ángela Rodríguez, Miguel Anxo Fernán Vello e Antón Gómez-Reino.

En Marea considera que Rajoy “está empregando fraudulentamente este veto”.

“Este veto, do Goberno e da Mesa, mostra a irrelevancia de Feijóo no Partido Popular e no Estado, un claro desplante do Goberno de Rajoy á Xunta de Feijóo”, sinala Díaz.

Ante esta situación, En Marea denuncia que o PP “está vulnerando o autogoberno do noso país, dado que esta iniciativa se aprobou por unanimidade”.

“Preguntámonos para que serve a maioría absoluta de Feijóo, non sabemos a que vai a Madrid a falar co Ministro de Fomento se non lle demanda esta cuestión. É un golpe aos dereitos do pobo galego, vulnerase o status quo da Constitución que tanto defenden, os dereitos das deputadas/os galegos que dixeron si á transferencia. E vulnérase o dereito a debatir a Lei no Congreso. Instamos á Mesa para reconsiderar esta decisión”, concluiu a deputada, insistindo en que En Marea “non deixará de loitar, pola vía administrativa e legal, ata que consigamos cumprir a demanda do pobo galego”.