Novas

En Marea presenta varias iniciativas para pedir o recoñecemento do Estado palestino e o fin do bloqueo

photo5834479146678463433

Madrid, 29 de novembro de 2017. No día Internacional de Solidariedade co pobo palestino, o deputado Antón Gómez-Reino e a senadora Vanessa Angustia rexistraron no Congreso e no Senado varias iniciativas para esixir respeto á legalidade internacional e aos Dereitos Humanos en Palestina.

“Nin un minuto máis os 300 nenos e nenas palestinos en cárceres de Israel. Nin un minuto máis de vulneración do dereito internacional por parte de Israel. Desde Galicia, esiximos que non haxa un minuto máis de apartheid”, asegurou Gómez-Reino na concentración que se celebrou no Congreso.

En Marea pide que haxa un recoñecemento do Estado palestino e se poña fin ao bloqueo e as políticas de apartheid.

Con motivo deste día, o deputado Gómez-Reino participou tamén nunha xuntanza, no intergrupo parlamentario por Palestina, con Ayman Odeh, membro da Knesse e líder de Joint List Alliance for Peace and Equality.

Iniciativas rexistradas no Congreso e no Senado:

 

Download (PDF, 1.78MB)

Download (PDF, 974KB)

Download (PDF, 257KB)

Download (PDF, 134KB)