Novas

En Marea presenta Vigo as iniciativas rexistradas no Congreso pola falta de medios nos incendios e pola recuperación hidrolóxico forestal

photo6021673526748096948

 

Iniciativas:
https://es.scribd.com/document/362141484/Pregunta-Lumes-Investigacions
https://es.scribd.com/document/362141489/Pregunta-Emisions-Co2-Lumes
https://es.scribd.com/document/362141478/Pregunta-Medios-e-Previsions-Vaga-Lumes
https://es.scribd.com/document/362141322/Pregunta-Restauracion-Forestal

 

Vigo, 26 de outubro de 2017. A deputada de En Marea, Alexandra Fernández, presentou este xoves en Vigo varias iniciativas rexistradas no Congreso após os lumes que arrasaron parte de Galiza a pasada semana e parte desta.

Fernández explicou que se rexistaron varias preguntas relativas á restauración hidrolóxico forestal nas zonas afectadas polos incendios para evitar o arrastre das augas pluviais; pregunta sobre os medios despregados polo Goberno e o Plan de actuación coordinado; polas emisións de CO2 e unhas preguntas relativas ás consideracións sobre as “tramas organizadas” sobre os incendios en Galicia e sobre as investigacións levadas a cabo.

“Preguntamos ao Goberno pola falta de medios nos incendios. Queremos saber cal foi o protocolo, xa que houbo unha gran descoordinación”, asegurou a deputada.

Fernández insistiu en que “o máis importante é a necesidade inmediata de que cheguen as axudas a xente que perdeu todo” pero “hai que reflexionar porque temos un monte que facilita a propagación dos incendios”.

“Temos un monte que permite o descontrol do lume. Fai falta unha reflexión sobre o problema estrutural do abandono do rural, con outro modelo de ordenación do territorio, outra política forestal que agora mesmo está ao servizo de ENCE e que convirten os nosos montes en pura gasolina”, sinalou a parlamentaria.

Ante esta situación, Fernández preguntou ao Goberno pola falta de medios, “a UME chegou tarde cando os Ancares e o Xures xa levaban días ardendo. Queremos saber cal foi o protocolo de coordinación. Houbo descoordinación”, sinalou.

Ademais, a parlamentaria pregunta polas presuntas “tramas incendiarias” porque “chama a atención a rapidez coa que Feijóo e o delegado do Goberno dixieron que era unha trama incendiaria cando non habia informe”.

“Estanse tapando responsabilidades políticas buscando chivos expiatorios. Hai informes da gardia civil, policia e fiscalia que din que non hai unha trama incendiaria”, afirmou.

Restauración hidrolóxico forestal

A deputada insistiu na petición da restauración hidrolóxico forestal.

“Pedimos mediante unha seria de preguntas ao Ministerio de Agricultura que é imprescindible que se faga unha restauración hidrolóxico forestal. Hai posibilidade que se os barcos marisquieros se vexan afectados. Pode haber un segundo impacto que se extenda por todo o territorio. E urxente que se poña os protocolos e persoal necesario”, afirmou.

Ademais, pedimoslle ao Goberno que poña os medios para abordar a situación. “Non podemos esperar a que as cinsas cheguen aos ríos.”