Novas

En Marea propón a Ábalos que sexa Audasa a que asuma os custos, sen repercutir nas peaxes da AP-9

photo5814576547401673954
“Esiximos a Ábalos que pida á concesionaria AUDASA unha redución da marxe de beneficios e que non suba as peaxes”, explicou a deputada.
Audio: https://bit.ly/2CC8kCv
Vigo, 10 de setembro de 2018. A deputada de en Marea, Alexandra Fernández, presentou este luns varias iniciativas rexistradas no Congreso sobre a suba de prezos nas peaxes da AP-9 e sobre a demora na eliminación da peaxe Redondela-Vigo.
“Esiximos ao novo ministro, José Luis Ábalos, que pida á concesionaria AUDASA unha redución da marxe de beneficios e non suba das peaxes”, explicou a deputada e, en todo caso, que sexa a propia concesionaria a que asuma os custos “sen repercutir nas peaxes polos elevados beneficios”.
Fernández incidiu en que a concesionaria “manexa beneficios desorbitados” porque “de cada 2 euros que entran nas peaxes 1 euro convértese en beneficio que rematan en paraísos ficais”.
Ademais, a deputada criticou ao ministro porque está a prorrogar a mesma política en relación a AP-9 que viña mantendo o PP.
“O cambio de ministro non debe repercutir nunha nova suba das peaxes. Parécenos abusiva, xa tivemos unha suba co Goberno PP dun 1.9%, que xunto con esta nova subida sería un 4% de suba de peaxes. É unha concesión que xa esta amortizada e que foi prorrogada de forma ilexítima polo Goberno de Aznar”, insistiu a parlamentar de En Marea.
Ademais, Fernández lembrou ao ministro que ten que cumprir cun dos compromisos máis importantes: “que a AP-9 ao seu paso por Vigo e área metropolinada sexa libre e gratuita e que funcione como circunvalación”.

“O tramo Vigo-Redondela debe liberalizarse xa. Hai que dar luz verde e que asuma AUDASA. O PSOE debe liberalizar tamén Vigo-Porriño, para que sirva como alternativa a A-55, que é moi perigosa. Pedimos que fagan outra política e que non prorroguen a política do PP”, asegurou.