Novas

En Marea propón a Tejerina a que realice plans de descontaminación do Lindano nas áreas afectadas de Porriño e Tui, en colaboración coa Xunta

DJ_sQhTXUAAoPGY

A deputada Alexandra Fernández presentou varias iniciativas no Congreso con medidas para afrontar este problema de contaminación por lindano. 

Madrid, 14 de decembro de 2017. A deputada de En Marea no Congreso, Alexandra Fernández, levou á Cámara Baixa o problema da contaminación por lindano en varias áreas do río Louro ao seu paso polos municipios de Porriño e Tui.

Fernández dirixiu varias preguntas a Tejerina e tamén presentou unha proposición non de lei con varias propostas. Así, insta ao Ministerio de Medio Ambiente (Confederación Hidrográfica do Miño-Sil) a que en colaboración coa Xunta adopte con urxencia medidas ante os altos níveis de lindano nas zonas aludidas. A deputada de En Marea propón que se leve a cabo unha investigación e análise para determinar con exactitud en que lugares está este elemento contaminante e en que se cartografíen as áreas.

Investigar, analizar e descontaminar

Reclama Alexandra Fernández que se elabore un Plan de descontaminación do terreno e das zonas con presenza de lindano. Á Confederación Hidrográfica demándalle que se contemple nos planos hidrolóxicos da conca medicións dos índices de lindano, que prevaleza o principio de precaución e non se destine ao consumo humano a auga de ríos ou acuíferos contaminados por altas concentracións de lindano.

Outra das medidas que pón sobre a mesa do Ministerio é que se estabelezan nos planos hidrolóxicos límites en relación á presenza de HCH nas augas destinadas a consumos humano e que se aproben canto antes planos de actuación para a erradicación de sustancias prioritarias e prioritarias perigosas como o lindano.

A deputada de En Marea alude ao Informe realizado pola Confederación Hidrográfica do Miño Sil que recolle altas concentracións de lindano en áreas do municipio de Porriño e de Tui. Lembra o asentamento durantes anos en Torneiros (Porriño) da fábrica Zeltia, que se adicou a fabricar lindano entre 1947 e 1964. “Vertéronse toneladas de vertidos na zona e noutras”. O lindano, subliña, “prohibiose en 1991 cando se demostrou a súa alta toxicidade. De feito, está sinalado como un elemento carcinogénio”.

Fernández apela ás administracións competentes a adoptar medidas como as expostas por En Marea e a descontaminar as áreas afectadas.

Download (PDF, 1.24MB)

Download (PDF, 1.29MB)