Novas

En Marea reclama ao Goberno que non deixe abandonado o Centro Galego de Bos Aires

Centro galego 2

 

A deputada de En Marea Yolanda Díaz pregunta ao Goberno sobre a situación do Centro Galego de Bos Aires e se este ten previsto mediar coas institucións arxentinas para que evitar a súa desaparición

Madrid, 29 de agosto de 2018. A deputada de En Marea Yolanda Díaz rexistrou no Congreso dos Deputados unha batería de preguntas dirixidas ao Goberno con fin de que este interceda ante a grave situación que está a atravesar o Centro Galego de Bos Aires.

A histórica institución, fundada por emigrantes galegos á capital arxentina é que proporciona servizos de asistencia sanitaria, atópase nunha situación límite. Intervida pola xustiza arxentina tras un proceso de acumulación de débeda, a entindade pasou de contar con 40.000 socios a 5.000, moitos dos cales sofren de complicadas doenzas.

As camas dispoñibles no hospital disminuíron nun 90%, só unha das plantas funciona, moitos dos servizos –como o de cardioloxía, pediatría, maternidade ou quirófanos– atópanse fóra de funcionamento, ademais de traballar con equipamentos obsoletos.

Tamén os traballadores atravesan unha complicada situación: non cobran os seus salarios completos desde fai dez meses, o que lles acarrea situacións de desafiuzamentos ou non poder facer fronte as súas enfermedades.

Por outra parte, o Centro Galego de Bos Aires caracterízase tamén por conservar un grande patrimonio cultural, que corre risco de desaparecer no caso de que a institución non poida superar a delicada situación que atravesa.

Todo isto leva a En Marea e ao Grupo Confederal de Unidos Podemos a solicitar ao Goberno que se plantexe a súa adquisición a través da Axencia de Cooperación Internacional, garantizando así a asistencia sanitaria aos galegos residentes na capital de Arxentina e a conservación do patrimonio cultural.