Novas

En Marea rexistra unha iniciativa no Congreso a prol de outra política de Sanidade animal no noso sector gandeiro

34913254390_8219b27fea_o

Madrid, 3 de outubro de 2017. O deputado de En Marea, Antón Gómez-Reino, rexistrou no Congreso unha Proposición no de Ley para reorientar a política de sanidade animal no referente aos plans de erradicación a tuberculose e a brucelose.

“Queremos outra política de Sanidade animal no noso sector gandeiro”, sinala o deputado.

Con esta iniciativa queremos instar ao Goberno a que no marco da nova Directiva de Sanidade Animal que entrará en vigor no ano 2021, “se contemple e desenvolva de xeito axeitado a especificidade da gandería extensiva facendo unha revisión da Lei 8/2003 de 24 de abril de sanidade animal”.

O obxectivo, entre moitas outras cuestións detalladas na iniciativa, será tamén instar ao Goberno a que incremente os recursos destinados á aplicación do Plan PATUBES (Plan de Actuación sobre Tuberculosis en especies silvestres), aprobado en 2017, así como o desenvolvemento normativo que se prevé do Plan e que resulta urxente neste momento.

Ademais, queremos recuperar para a xestión pública no menos tempo posible as campañas de saneamento gandeiro e da aplicación completa dos programas de erradicación de acordo á consideración de que a saúde pública como ben xurídico a protexer “debe estar en mans da administración competente de velar por ela”.

“A incompetencia e o desleixo co que PP trata ao sector gandeiro no asunto da sanidade animal é unha mostra mais do abandono ao mundo rural”, asegura o deputado de En Marea.

Gómez-Reino sinala que, “se o PP descoñece o contexto” polo que “actúa á marxe das necesidades dos sectores implicados”.

“Aplícanse sancións sen ter en conta as consecuencias e sen propoñer políticas públicas que posibiliten alternativas. Non se adican recursos para mitigar os problemas. E finalmente, privatízanse as entidades implicadas no control ou na xestión da saúde animal”.

 

Download (PDF, 2.94MB)