Novas

En Marea solicita ao Goberno que inclúa a devolución do Pazo de Meiras no decreto de modificación da Lei de Memoria Histórica

Junta-Devolucion-Pazo-Meiras-incorporarlo_EDIIMA20180301_0452_19

Reclama que o executivo inicie a demanda civil para que o inmoble poida incorporarse canto antes ao patrimonio público e dedicarse a usos dotacionais públicos

Santiago, 22 de agosto de 2018.- En Marea solicita ao goberno central que inclúa a devolución do Pazo de Meirás no decreto de modificación da Lei de Memoria Histórica que este venres será aprobado no Consello de Ministros co obxectivo de permitir a exhumación dos restos do ditador do Valle de los Caidos.

En vista do anuncio efectuado polo Goberno do Estado ao respecto da modificación por Decreto Lei da Lei da Memoria Histórica para permitir á exhumación dos restos de Francisco Franco, En Marea entende que é o momento de actuar para conseguir tamén que o Pazo de Meirás, considerado Ben de Interese Cultural, sexa devolto. En Marea reclama incluír Decreto Lei a recuperación para uso público do que continúa aínda en mans dos herdeiros do ditador.

Na mesma liña que o Concello de Sada, En Marea reclama ao executivo central que presente de inmediato a demanda civil para que esa propiedade poida incorporarse canto antes ao patrimonio público e destinarse a usos dotacionais públicos. Para o voceiro no Parlamento, Luís Villares, e o voceiro no Congreso, Antón Gómez-Reino, “non cabe unha recuperación selectiva da memoria histórica”.

En Marea considera que o goberno, unha vez aprobado o decreto lei, debe desenvolver as accións legais oportunas para recuperar o Pazo de Meirás”.

Villares apunta que non hai dúbidas de que este edificio “foi arrebatado inxustamente á cidadanía de Sada e á galega e polo tanto deber ser recuperado inmediata e gratuitamente para o seu uso público”.

En Marea insta ao Goberno do Estado a aproveitar a aportunidade e actuar coa máxima celeridade para presentar, dunha vez por todas, a demanda civil que permita facer realidade ese obxectivo.

Como xa se ten explicado, a aposta de En Marea pasa pola devolución sen contrapartida económica; e pola incorporación do pazo ao patrimonio público. Ademais, En Marea avoga pola apertura do recinto ao público e polo potenciamento de usos relacionados coa recuperación da memoria histórica.