Novas

En Marea solicita a comparecencia urxente do director do CEDEX pola súa carta á Comisión do Alvia na que denuncia varias “mentiras”

Captura de pantalla 2018-10-03 a les 20.32.50

 

A deputada Alexandra Fernández considera “moi grave a denuncia que realiza este cargo sobre as falsedades de cargos de Adif que pasaron pola Comisión”.

Madrid, 19 de novembro 2018. A deputada de En Marea no Congreso, Alexandra Fernández, e voceira na Comisión de Investigación do Alvia, e o voceiro de En Marea no Congreso, Antón Gómez-Reino, presentaron esta mañá unha solicitude de comparecencia urxente do Director do Laboratorio de Interoperabilidade Ferroviaria, CEDEX, integrado no organigrama do Ministerio de Fomento.

Fernández explica os distintos membros da Comisión de Investigación recibiron un correo electrónico de Ignacio Jorge Iglesias Díaz, baixo o epígrafe de: “Aclaración sobre las Reglas de ingeniería de ADIF”, no que desmontaba e aclaraba unha serie de aspeitos dadas as manifestacións que están a facer cargos e ex cargos de Adif que pasaron pola Comisión”.

O actual Director do CEDEX explica que entre os ano 2007-2013 tivo a responsabilidade de coordinar o  grupo de  traballo que fixo o documento de Reglas de Enxeñería de Adif: “Requisitos funcionáis e Reglas de Enxeñerías ERTMS Nivel 1 e Nivel”. 

Iglesias desmonta a vesión de Adif, que se tivese que modificar o proxecto de ERTMS ata Santiago por unhas supostas “regras de exeñería”, polo que segundo a súa versión, si que se podería levar ata Santiago o sistema ERTMS.

A deputada de En Marea considera que “as aclaracións e denuncias que fai o representante do CEDEX son moi graves” e poñen de manifiesto que, no que atinxe ao proceso sobre a modificación do proxecto, especialmente á seguranza ERTMS, fala expresamente de “afirmacións que se están a facer na Comisión por parte de cargos e ex cargos de Adif que están a faltar á verdade”.

Fernández urxe aos partidos a aprobar a comparecencia do Director de Interoperabiliadade do CEDEX, “dadas as súas revelacións en torno ás posibilidades de ter optado por outras solucións para evitar a velocidade de saída de 200 km e de repente ter que baixala a 80km/h na curva de Angrois”. “Está claro que cargos con responsabilidade en Adif están a mentir, escudándose incluso en Reglas do ente ferroviario que non son verdade para tratar de ocultar a verdade”.

A deputada lanza un chamamento especialmente ao PP e o PSOE, para que voten a favor de incluir na Comisión de investigación do accidente do Alvia a comparecencia do director do CEDEX: “É unha boa oportunidade para que demostren que non están na liña do pacto de silencio”.

Como xa dixo o representante da ERA a semana pasada, “o maquinista era a única barreira de protección na curva de Angrois. Houbo fallos, fallos de envergadura en materia de seguridade, e iso xa non se pode negar. Este é o cometido da Comisión de Investigación. Ir ás causas subxacentes que o Informe da CIAF tamén se ocupou de ocultar”, explica Fernández. 

A deputada agarda que na xunta de Mesa e voceiros da Comisión que terá lugar previsiblemente o vindeiro mércores “se aprobe esta comparecencia porque non se poden acalar as voces que precisan defenderse das mentiras de Adif”.

photo6021385016614956712