Novas

En Marea solicita entrevista coa Ministra de Transición ecolóxica para reactivar os Fondos Miner

photo5866030753823960653

A deputada no Congreso, Yolanda Díaz, afirma que hai que buscar unha saída desde o social ás comarcas afectadas polo peche das térmicas

O deputado no Parlamento, Pancho Casal, insta a crear grupos de traballo coa participación social para desenvolver un plan estratéxico para As Pontes e Meirama.

As Pontes, 27 de setembro de 2018. A deputada de En Marea no Congreso, Yolanda Díaz, e o deputado de En Marea no Parlamento de Galicia, Pancho Casal, ofreceron hoxe rolda de prensa en As Pontes, acompañados pola Concelleira de Xuntas por As Pontes, María Chao, para presentar as iniciativas rexistradas para conseguir unha reindustrialización ecolóxica e unha transición enerxética efectiva para as zonas afectadas polo futuro peche das centrais térmicas, sobre todo en As Pontes e Cerceda.

A deputada no Congreso sinalou que “somos conscientes de que ENDESA xenera moito traballo directos e indirectos, temos que buscar unha saída dende o social para as comarcas afectadas”, e é por iso que estamos a traballar na Cámara Baixa para coñecer previsións do Goberno en transición enerxética e en relación ao peche das térmicas nun futuro. De feito, a deputada solicitou esta mesma mañá unha entrevista coa Ministra Teresa Ribero, tras falar telefónicamente co seu xefe de gabinete, Álvaro Abril, reunión que, con toda probabilidade se celebrará nas vindeiras semanas, na que se pedirá a reactivación do Fondos Miner, entre outras cuestións. De feito, Díaz destacou que no que atinxe aos Fondos Miner, o noso grupo pediu unha comisión de investigación sobre estas axudas que foi bloqueada cos votos do PP e PSOE, algo inaudito, con 15.000 millóns de euros que non foron empregados para desenvolver comarcalmente no eido social e económico.

Finalmente, Yolanda Díaz denunciou que “queremos saber cales son as actuacións respecto dunha necesaria intervención dende o público para xerar emprego e economías locais e comarcais. Temos que avanzar nunha liña participada, con propostas para ratificar unha transición que ten que ser coa xente dentro. Non nos podemos permitir o luxo de ter unha transición correcta, sen unha faciana social”.

Pola súa banda, o deputado de En Marea no Parlamento de Galicia, Pancho Casal, sinalou que a transición enerxética é un feito ineludible e non se pode facer o que está facendo o PP, que é poñerse de perfil. Non pode ser que o futuro de As Pontes dependa de decisións empresariais que nunca teñen que ver co emprego e con posibilidades de futuro.

Asimesmo, destacou que nas iniciativas rexistradas por En Marea tanto no Congreso dos Deputados como no Parlamento de Galicia, “presentamos unha estratexia: crear grupos de traballo coa participación social para desenvolver un plan estratéxico e dotar económicamente as conclusións do mesmo. Tamén é preciso, sinalou Pancho Casal, desenvolver unha estratexia de formación dos perfis profesionais para que a transición enerxética se transforme nunha verdadeira oportunidade. Un exemplo é o norte de Francia, os fondos europeos permitiron o desenvolvemento de novas alternativas económicas baseadas na economía circular. Son rexións máis ricas. Francia ten 4 veces máis emprego que cando dependía da economía do carbón.

Finalmente, a Concelleira de Xuntas por As Pontes, María Chao manifestou que cando chegue o momento do peche da térmica temos que estar preparados, por iso reclamamos actuacións urxentes que se adiquen a desenvolver un futuro digno para a nosa comarca.