
Audio: https://bit.ly/2y7ImBA
Vídeo: https://youtu.be/0MDa6Yej55A
Madrid, 2 de outubro de 2018. Os deputados de En Marea, Antón Gómez-Reino, Yolanda Díaz e Miguel Anxo Fernán Vello, mantiveron este martes unha xuntanza coa ministra de Política Territorial e Función Pública, Meritxell Batet, para trasladar as demandas da ‘Axenda Galega do Cambio’.
“Salimos satisfeitos polo tono e trato nesta primeira xuntanza coa ministra. Estamos trasladando a axenda galega do cambio, as demandas maioritarias da cidadanía galega que son de consenso no noso País”, explicou o voceiro de En Marea no Congreso, Antón Gómez-Reino.
A deputada Yolanda Díaz insistiu en que esta demanda de En Marea ao Goberno se debe a que Galicia, como nacionalidade histórica que é, “ten que estar na mesma liga que Catalunya e Euskadi”.
“Somos conscientes de que vimos dun Goberno do PP onde se retrocedeu nos dereitos nacionais, culturais e linguisticos, pero a sensabilidade da nova ministra é outra, polo que abordamos distintas cuestións como a transferencia da AP-9 ou a AP-53”, explicou Díaz.
O deputado Miguel Anxo Fernán Vello valorou a xuntanza como “coordial e construtiva” despois de “anos de parálise no competencial”.
“Feijóo usa Galicia como pavillón de repouso, sometendo a unha continua pausa política. Hai atrasos en diversas materias que deben de ser revertidos. Cómpre situar no centro que os Gobernos de Rajoy e Feijóo devaluaron o status de Galicia como nación histórica. Seguiremos traballando na dirección de mellora das condicións de vida da sociedade galega”, explicou o deputado.
O grupo de en Marea no Congreso presentará en detalle ante os medios de comunicación o documento da ‘Axenda galega do cambio’ que se trasladou á ministra este xoves 4 de outubro en Santiago de Compostela.
Pola súa banda, Batet acordou estudar con detemento as peticións de En Marea e convocar unha próxima xuntanza.