Novas

En Marea trasladará ao Goberno as demandas da administración da xustiza en Galicia

photo5877655366278426138

Audio:

A Coruña, 1 de outubro de 2018. Os deputados de en Marea, Antón Gómez-Reino e Yolanda Díaz, mantiveron este luns un encontro co Presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Miguel Angel Cadenas, para valorar a situación da xustiza en Galicia e as peticións neste eido.

Entre outras cuestións, Díaz destacou que “cómpre crear órganos xudiciais por exceso de carga de traballo, xulgados de primeira instancia e a necesidade de traballar no plan após a folga de xustiza”.

“Hai un traballo presentado polo consello xeral, pero hai necesidades relativas aos secretarios xerais e letrados que non aparecen neste traballo. Esta é unha parte imprescindible. É un asunto importante para a axenda galega”, explicou a deputada.

Gómez-Reino lembrou que trasladarán estas demandas ao Goberno do Estado mediante as negociacións que está mantendo En Marea.

“Este martes temos unha xuntanza coa Ministra Batet. Ábrese un escenario de negociacións no marco da ‘Axenda galega do cambio’ e unha parte das nosas reivindicación teñen que ver tamén coas necesidades da administración de Xustiza”, explicou a parlamentar.

Os deputados lembraron que En Marea leva “dous anos levando ao Congreso as demandas maioritarias da cidadanía galega”.