Novas

En Marea ve “opacidade na xestión do Santander, co beneplácito do Goberno, na xestión dun novo ERE que pagará a cidadanía”

photo5796301676305558504

A Coruña, 17 de novembro de 2017. A voceira e deputada de En Marea no Congreso, Yolanda Díaz, asegurou este venres que hai “opacidade na xestión do Grupo Santander, co beneplácito do Goberno, na xestión do novo ERE que rematará por pagar a cidadanía”.

A parlamentar mantivo unha xuntanza este venres con organizacións sindicais con representación na mesa de negociación do ERE do Banco Santander.

“Destacamos a enorme relavancia do ERE e o impacto que terá en Galicia, particularmente na Coruña”, explicou a deputada nunha rolda de prensa.

Dende En Marea xa levamos ao Congreso diversas iniciativas sobre o Banco Pastor e tamén presentaremos “iniciativas centradas no ERE”.

“Estamos diante dunha operación con absoluta opacidade, non sabemos que pasou na liquidación do Banco Pastor e Popular”, afirma a deputada, que insiste en que “na Comisión de Investigación da crise financeira, néganse os informes que xustifican a liqudación do Banco Pastor, Santander e Popular” e “é moi grave que o Congreso negue esta información”.

Díaz insistiu en que levamos perdidos xa 72.000 postos de traballo na banca, e 60.000 millóns de euros para rescatar a banca e con esta nova operación “perderánse centos de postos de traballo”.

Ante esta situación, En Marea pide que se manteña o sector financeiro galego e que se paralice o peche de oficinas, especialmente no rural, que é onde ten máis impacto.

“Pediremos a comparecencia do Secretario de Estado para que dea explicacións sobre o ERE, despois de regalar diñeiro público para resctar á banca diante da operación máis opaca nos últimos tempos”, insistiu Díaz.