Novas

En Marea volve a esixir a Navantia o cumprimento dos acordos coa industria auxiliar

Yolanda_Navantia2

Yolanda Díaz pregunta ao estaleiro público sobre as medidas a adoptar para desbloquear o acordo sobre as auxiliares.

Madrid, 23 de xullo de 2018. A deputada En Marea no Congreso, Yolanda Díaz, volveu rexistrar este luns no Congreso unha batería de preguntas ao Goberno relativas ao cumprimento dos acordos aprobados entre a industria auxiliar e o estaleiro de Navantia na ría de Ferrol.

En Marea esixe a Navantia o cumprimento dos acordos asinados entre o estaleiro público e a industria auxiliar do naval no ano 2001, e que foron ratificados no ano 2006.

A deputada ferrolana amosa, unha vez máis, o seu apoio ás reivindicacións das traballadoras e traballadores das auxiliares, que advirten que se antes de finais de mes no hai avances, a partir de setembro habrá movilizacións.

Díaz denunciou que o sector naval, e especialmente as empresas auxiliares, foron as máis perxudicadas após a crise económica, “e deben recuperarse xa os dereitos laborais e sociais perdidos polas traballadoras e traballadores”.

“Ten previsto o Goberno tomar parte proactiva no conflito das empresas auxiliares do naval que traballan en Navantia para manter o liderado no sector?”, sinala.

Ademais, pregunta ao Executivo se ten previsto contar tanto coa representación do persoal como coas empresas auxiliares para elborar as novas condicións dos pliegos de contratación de Navantia.

Download (PDF, 85KB)