Novas

Ex presidente da CIAF desvela a En Marea que Ana Pastor negouse a reabrir a investigación sobre o accidente do Alvia

photo5884206965226319250

Alexandra Fernández a Vicente Rallo:“Non se debería voltar investigar?”. Resposta: “Non me parecería mal que se voltase a investigar.  Xa llo dixen á Ministra (en alusión a Ana Pastor) e “ela díxome: “Non, non. Está rematado, presentado e liquidado”.

 

Madrid, 3 de outubro 2018. A deputada de En Marea no Congreso, Alexandra Fernández, logrou arrancarlle na Comisión do Alvia ao Ex Presidente da CIAF, Vicente Rallo Guinot, unha resposta que demostra a ocultación política intencionada que hai no proceso de investigación sobre o accidente do Alvia.

A deputada de En Marea inqueriu a Rallo sobre a necesidade de facer unha nova investigación dado o serial de incumprimentos do Informe.

“Non se debería voltar investigar?”, preguntou a deputada. O ex Presidente da CIAF respondeu afirmativamente: “Non me parecería mal que se voltase a investigar. Podería ser que fose convinte á vista das circunstancias que se están a plantexar”. “Xa o dixen cando a UE, a ERA, enviounos o documento. Díxenllo á Ministra (en alusión a Ana Pastor), hai que facer unha investigación, faise táboa rasa e iniciamos de novo a investigación. E ela díxome: “non, non, está acabado, presentado e liquidado”.

Fernández puxo contra as cordas ao comparecente ao evidenciar o serial de incumprimentos.

“Hoxe está a ratificar o Informe da CIADF e segue a negar as acusacións da ERA. Iremos ao Informe da ERA por partes: primeiro, falla a análise das causas, e na páxina 7 do seu informe só vai ao factor humano, non analizan as causas profundas e subxacentes. Vostedes sacan unhas conclusións e establecen unhas causas só humanas. Sabe que está fora da normativa? Por que non aparecen as causas subxacentes cando é obrigatorio segundo a normativa?”.

Pola súa banda, Rallo moveuse primeiro en respostas indirectas para logo incorrer en contradicións. Dixo que o Presidente non adopta as decisión e que as adopta a CIAF no seu conxunto. 

A deputada de En Marea continuou sacando as incoherencias da CIAF. “Por que todas as recomendacións que se propoñen no informe teñen relación cos organismos implicados, Renfe e Adif, e ningunha no factor humano?”. Fernández puxo en valor a contradición manifesta de que se conclúa que a culpa foi toda do maquinista e á vez admitan nas recomendacións un sinfín de fallos. “Se toda a culpa era do maquinista por que se fan recomendacións, sinalando as causas profundas subxacentes, e logo conclúen que a causa foi do maquinista? Fixeron algo sesgado para botarlle a culpa ao maquinista”.

O Ex Presidente da CIAF limitouse a afirmar que non era o seu cometido sinalar responsabilidades.

Fernando Montes, Presidente actual da CIAF

A deputada de En Marea voltou á carga coas vulneracións da normativa do Informe da CIAF.

“Quen era a persoa responsábel non foi quen de xustificar o Informe cando lle fixemos ver os incumprimentos”, insistiu Alexandra Fernández, en alusión á resposta do ex responsábel da CIAF, Vicente Rallo.

“Que que opina desta afirmación de Ana Pastor?”. Montes foise pola tanxente e indicou que “é respetábel” pero consideraba que o Informe “foi independente, e fai análise do que pasou”. Alegou que se entra nas causas aínda que “non aparecen identificadas como causas raíces

Fernández pregunoulle se ía facer unha nova investigación, ao que o Presidente de CIAF respostou cun rotundo: “Non”.

A deputada insistiu en que o presidente actual da CIAF xoga o papel de negarse a abrir a investigación a pesar de que Europa o esixe.

“Que vai facer? Se hai un incumprimento de participación das vítimas, unha vulneración da normativa, vai abrir unha nova investigación para que se lle dea participación ás vítimas?”. O Presidente da CIAF negouse en todo momento a reabrir unha nova investigación a pesar de que tampouco se deu participación ás vítimas.

En conclusión,  Montes fixo unha defensa férrea do Informe ao tempo que recoñeceu que “pode haber defectos de  forma”. “Non teño motivos técnicos nin de ningún tipo para reabrir a investigación”. Fernández rematou pedindo a súa demisión polo feito de que se “negue e boicotee unha nova investigación”.