Novas

Fernán Vello participa na Delegación do Congreso de viaxe oficial a Mozambique

ec0b9700-f236-4c19-9c68-3c3195e9ba13

O voceiro de En Marea no Congreso, Miguel Anxo Fernán Vello, participará en reunións co Ministro de Exteriores, coa Presidenta da Asamblea da República, coa Gobernadora de Maputo, ademáis de poder ver o traballos da cooperación no pais africano

Madrid, 4 de abril de 2018. O portavoz de En Marea no Congreso, Miguel Anxo Fernán Vello, forma parte da delegación do Congreso, encabezada pola Presidenta da Cámara, Ana Pastor, de viaxe oficial a Mozambique, cunha axenda de traballo iniciada este mércores que comprende numerosas visitas e encontros de alto nivel gubernamental e institucional, ademais de ter a oportunidade de poder observar de primeira man o traballo da cooperación do estado español no pais africano.

Na actividade a desenvolver en Mozambique, Fernán Vello tratará, entre outros, cuestións relacionadas coa lingua e a lusofonía, onde o portugués é a lingua oficial.

Ademais, na axenda figura unha xunta co Ministro de Asuntos Exteriores e Cooperación, José Condugua Pachego, encontros co Vicepresidente Primeiro da Asamblea da República, Antonio José Amélia, coa Gobernadora da Cidade de Maputo, Iolanda Cintura, e co Presidente do Consello Municipal de Maputo, David Simango.

A nivel institucional, manterán un encontro coa Presidenta da Asamblea da República, Verónica Nataniel Macamo, e visitarán o Salón de Sesións Plenarias da Asamblea.

Na axenda de traballo inclúese asemade unha xunta con cooperantes do estado español en Mozambique.

Para o voceiro de En Marea, a visita ao pais africano ten unha importanza especial “non só desde unha perspectiva institucional e a oportunidade de coñecer o labor da cooperación, senón tamén polos lazos lingüísticos, posto que temos en común o feito de formar parte da mesma comunidade da lusofonía. Entendendémonos perfectamente sen necesidade de traducións ou intépretes. Formamos parte do mundo da lusofonía que partillamos con millóns de falantes. Temos unha lingua cun grande potencial”.