Novas

Fomento nega a perigosidade do cruce de Puxeiros e responde a En Marea que “está correctamente acondicionado”

photo6044059063798573502

Alexandra Fernández dirixíase a Fomento para demandarlle actuacións para mellorar a seguridade vial neste cruce que “adoece dunha notoria mala visibilidade, é perigoso, é a veciñanza leva tempo pedindo a súa mellora”.

https://gallery.mailchimp.com/124110c5c4ca02bed7d557215/files/b079152d-3272-424d-b392-0e1310da2790/RESPOSTA_A_55_PASARELA.pdf

https://gallery.mailchimp.com/124110c5c4ca02bed7d557215/files/72a09b02-5334-4a50-88c9-70043444a915/RESPOSTA_N_120_VIGO_MADRID.01.pdf

Madrid, 22 de xaneiro de 2018. O Ministerio de Fomento ven de respostar á deputada de En Marea, Alexandra Fernández, que o cruce de Puxeiros “está correctamente acondicionad para a circulación do tráfico que soporta, en bón estado de conservación e axeitadamente sinalizado”.

Esta é a resposta que da o Ministerio de Fomento a Alexandra Fernández quen se dirixía ao Ministerio para reclamarlle actuacións de mellora da seguridade vial no cruce que conforma a antiga estrada Vigo-Madrid coa saída da autoestrada AP-9 no alto de Puxeiros, na confluencia entre o concello de Vigo e o de Mos. Fernández denunciaba que “esta interseción adoece dunha notoria mala visibilidade, factor que supón un risco para a conducción”, sen esquecer que “os coches habitúan chegar a este cruce a alta velocidade de aproximación porque proceden da autoestrada”.

Mais para Fomento o cruce conta con todas as garantías tal e como se pode observar nesta resposta á deputada de En Marea. Incluso o Ministerio indica que “non existe na actualidade ningún tramo de concentración de accidentes (TCA) no tramo que conforma a antiga estrada Vigo-Madrid (N-120)”. A deputada de En Marea pon de manifesto que “todo o mundo coñece a perigosidade do cruce de Puxeiros, negalo é un sinsentido. A veciñanza de Mos leva tempo pedindo o seu acondicionamento e mellora”.

Resposta sobrer a pasarela na A-52 e paneis anti ruido na A-55

Alexandra Fernández tamén preguntaba a Fomento pola eliminación do proxecto de construción dunha pasarela peoníl para o Camiño Portugués na A-52. Lembraba que contaba cunha partida de 200.000 euros nos Orzamentos do Estado para o ano 2016 que non foi executada, e por riba “eliminouse dos Orzamentos para o 2017. Alexandra Fernández preguntaba por qué razón non se prorrogaba este proxecto e a súa consignación económica.

Solicitaba Alexandra Fernández a Fomento que recuperase esta necesaria  infraestrutura que permitiría aos veciños cruzar á outra marxe con seguridade e tamén o tránsito dos peregrinos. Outra das súas reivindicacións era a de paliar o impacto acústico que sofren os habitantes de Mos mediante a instalación de paneis anti ruidos na A-55.

Nestes temas, o Ministerio sinala que “está redactando actualmente o proxecto de pasarela peoníl para o Camiño Portugués de Santiago no enlace do punto km. 306 da A-52”. Aínda que non concreta prazos. En canto á dotación económica indica que non está nos Orzamentos do estado pero “encaixa nas partidas xenéricas de Actuacións de Seguridade Vial”.

No que atinxe aos paneis anti ruido na A-55 tampouco ofrece concreción, limítase a afirmar que confeccionou un Plan de Acción contra o Ruido nos grandes eixes viarios. Na mesma liña ambigua, sen concreción e nada comprometida, remata sinalando que “a súa materialización dependerá das disponibilidades económicas e da priorización que se estabeleza”. É dicer, “non existe compromiso de Fomento en relación á necesidade de rebaixar o ruido da A-55 nesta zona”.