Novas

Fomento responde a En Marea que ten proxecto para reparar a N-642 entre Barreiros e San Cibrao pero non concreta prazos

photo_2017-05-26_12-32-20

O Ministerio responde ao voceiro de En Marea no Congreso, Miguel Anxo Fernán Vello,  en relación á perigosa N-120 entre Pantón e Nogueira de Ramuín que “as últimas auscultacións proporcionaron resultados satisfactorios”, o cal resúltalle sorprendente a Fernán Vello cando é o vial de maior risco do Estado.

Resposta: https://gallery.mailchimp.com/124110c5c4ca02bed7d557215/files/7fe6a461-f2a1-4e92-ad8c-48880750f81c/RESPOSTA_N_120_POBRA_DO_BROLLÓN.pdf

Madrid, 5 de marzo de 2018. O Ministerio de Fomento responde ao portavoz de En Marea no Congreso, Miguel Anxo Fernán Vello, que “está a impulsar unha nova actuación na N-642, cun proxecto para a reparación do firme entre Barreiros e San Cibrao” pero como é habitual, “trátase de anuncios sen prazos temporais de execución, sen concreción temporal”.

Fernán Vello dirixiuse en numerosas ocasións a Fomento para poñer de manifesto o “lamentábel estado da N-642 ao seu paso pola Mariña, a denominada estrada da costa”. Nas iniciativas presentadas en novembro pasado denunciaba o mal estado da vía entre Ribadeo e Foz, cun enorme desgaste, socavóns e baches que constitúen un perigo para a circulación”. Razón pola que demandaba medidas urxentes ao Ministerio.

Nesta resposta de Fomento ao portavoz de En Marea, recoñece Fomento que as actuacións de mellora da N-642 están incluidas nos Orzamentos de 2017”. Indica que o orzamento para arranxar os 20 quilómetros mencionados é de 3 millóns de euros, e que “prevé licitar o contrato de obras nas vindeiras semanas”. Fernán Vello sinala que Fomento “segue a acostumada liña de anuncios sen concrecións, polo que estaremos vixiantes a ver se de verdade nun prazo razoábel licita as obras. Do contrario, voltaremos a dirixirnos ao Ministerio para que se poña a traballar”.

Fernán Vello lembra que a estrada da costa  ten diversos puntos como entre Mañente e o cruce e A Corredoiro en Foz, coñecido como o tramo “maldito”, de importante siniestralidade. Con moitos accidentes e saídas de vía”.

Ademais do estado do firme, existen outros problemas de seguridade vial como a mala visibilidade no cruce que sirve de enlace entre a parroquia de Vilaronte (en Foz, barrio das Areosas) e a N-642, “unha interseción na que se rexistraron varios accidentes de tráfico debido á falla de visibilidade para incorporarse en dirección a Foz”. O deputado de En Marea tamén solicitaba actuacións de mellora do cruce que sirve de enlace entre a N-642 e a estrada que vai ao bairro de Espiñeira en Foz, “tanto no que atinxe á súa sinalización no chán como a vertical”.

RESPOSTA DE FOMENTO SOBRE A PERIGOSA N-120: 

No que atinxe á perigosa N-120, o tramo entre Nogueira de Ramuín en Ourense e Pantón en Lugo, sorprendentemente Fomento resposta a Fernán Vello que “as últimas auscultacións nos tramos mencionados, proporcionaron resultados satisfactorios en relación co estado do firme”.

Unha resposta que ao portavoz de En Marea resúltalle chamativa posto que segue a ser un dos tramos máis perigosos da rede viaria do estado. De feito, puntualiza, “o último estudo de Race sitúa o treito aludido como o máis perigoso do estado. Un traxecto de tan só 14 quilómetros que pasa polo alto de Guítara, pola pendente cara Os Peares até pasada a ponte que salva a desembocadura do Sil no Miño. A maior parte dos accidentes prodúcense nunha sucesión de curvas de forte pendente entre o alto de Guítara e o desvío cara o pobo de Bazal, no municipio de Pantón”.

“Mais segundo o Ministerio todo esta ben. Curiosa percepción da realidade que  ten ás veces Fomento”.

Fomento e os seus estudos

Nesta resposta, o Ministerio limítase a indicar que “está a estudar a posibilidade da redación dun proxecto para a mellora da seguridade vial no tramo entre os puntos quilométricos 535+200 e 548+800, ao seu paso por Pantón”. Tamén engade ao voceiro de En Marea que “segue a traballar para mellorar a seguridad vial en todo o itinerario da N-120”.

Para o voceiro de En Marea tamén coa N-120 “Fomento fai propaganda irreal. Estuda ou di traballar para mellorala pero as cousas siguen igual. É o vial de maior risco do estado. Razón suficiente como para que se puxese mans á obra”. Ademáis, lembra que hai un ano o Congreso aprobou unha proposición de En Marea que instaba ao Ministerio a mellorala.

Censura o portavoz de En Marea esta “política baleira de anuncios sen contido ou de facer que se fai cando todo é fume”.