Novas

Fomento responde a En Marea que “ten que analizar” a conversión en travesía urbana da AP-9 que “non altere o equilibrio concesional”

04bc50d4-59de-48d2-901a-0b7ee6c3620f

Alexandra Fernández insta a Ábalos a cumprir coa proposición de En Marea aprobada no Congreso hai case un ano.

Madrid, 22 de outubro de 2018. O Ministerio de Fomento vén de responder á deputada de En Marea, Alexandra Fernández, en relación á conversión en travesía urbana da AP-9 en Vigo que “os plantexamentos de calquer actuación na AP-9  deberán ser analizados polo Ministerio” en base a unha actuación “que se plantexe viábel e segura, “non alterando ademais o equilibrio económico-financeiro concesional”.

Cúmprase o aprobado no Congreso a instancias de En Marea

Esta é a contestación que o Ministerio de Fomento da á Alexandra Fernández quen nunha iniciativa parlamentar instaba a Ábalos a cumprir coa proposición de En Marea aprobada ha case un ano (en novembro de 2017), que emprazaba a Fomento a proceder á conversión en travesía urbana do tramo de entrada da Autopista do Atlántico  a Vigo desde a zona das Torres de Padín at é o centro da cidade.

A deputada de En Marea considera que a resposta de Fomento carece de concreción, non indica actuacións ou xestións nin prazos temporais, ademáis de colocar de novo os intereses da concesionaria AUDASA enriba da mesa. Así, o Ministerio fala de contar cunha proposta técnica completa que teña estudos técnicos que definan as actuacións, estudos de tráfico,…”Unha resposta que fala da teoría pero non da práctica. É dicer, póñanse prazos, póñase o estudo técnico enriba da mesa, medidas adoptadas ou proceso a iniciar. Mais, lamenta, non se fixo nada a pesar de haber un pronunciamento do Congreso favorábel e de que se trata dunha demanda social unánime de Vigo”.

Na súa resposta, o Ministerio recoñece o evidente a En Marea: “O subtramo ao que se refire, Teis-Vigo ad AP-9 V, soprota unha intensidade de circulación moi elevada (superior a 53.000 vehículos diarios)”.

A travesía urbana solucionaría moitos problemas

A deputada de En Marea sinala que a entrada da AP-9 en Vigo parte dun modelo que prioriza unha política de transporte das grandes infraestruturas, que obvian factores como os bairros, a poboación e os movementos pendurales. Por eso, recalcou, “a conversión en travesía urbana posibilitaría que se puxesen solución a problemas urbanísticos estruturais que padece Vigo”.