Novas

A instancias de En Marea, o Congreso demanda unha tarifa anual bonificada na AP-9 Vigo-Tui e que se elimine a peaxe

photo5814667510514035778

A deputada de En Marea, Alexandra Fernández, tamén conseguiu que saíse adiante a iniciativa deste grupo para a reforma do cruce de Puxeiros, na saída da autopista da AP-9.

Ambas iniciativas foron aprobadas por 20 votos a favor e 14 abstencisóns do Partido Popular.


Acordos aprobados:
https://gallery.mailchimp.com/124110c5c4ca02bed7d557215/files/c9e1e037-c1d5-4f39-b691-b4c74d30bac7/ENMIENDA_TRANSACCIONAL_PUXEIROS_1_.docx

https://gallery.mailchimp.com/124110c5c4ca02bed7d557215/files/d458c5b2-9c44-46e3-9487-0f18923c3cc8/ENMIENDA_TRANSACCIONAL_A_55_Y_ELIMINACIÓN_PEAJES_AP_9_1_.docx

Madrid, 22 de novembro de 2017. A deputada Alexandra Fernández conseguiu que saíse adiante a iniciativa de En Marea sobre os graves problemas de seguridade vial na A-55, na que se demanda ao Goberno unha tarifa anual bonificada e un estudo sobre a eliminación da peaxe na AP-9 Vigo-Tui.

“Pedimos solucionar o grave problema de seguridade viaria na A-55, Vigo-Porriño, o tramo da rede estatal cunha maior acumulación de puntos negros”, pediu Fernández na Comisión de Seguridade Vial.

Tras chegar a un acordo transaccional co PSOE e Ciudadanos, o Congreso acorda instar ao Ministerio de Fomento a abordar a fondo o grave problema de seguridade vial existente na autovía A-55 entre Vigo-Porriño.

Esta iniciativa pide que se presente “o máis axiña posible á concesionaria AUDASA unha oferta de reestructuración das peaxes no tramo da Autopista do Atlántico AP-9 entre Vigo e Tui que discurre paralela á A-55 Vigo-Porriño, co obxectivo de implantar unha tarifa anual bonificada para os turismos e vehículos pesados que utilicen habitualmente dita vía”.

Ademais, pídese establecer, en colaboración coa Xunta de Galicia, “os mecanismos de control e supervisión das obrigas dos titulares da concesión da AP-9, co obxecto de garantir que realicen un mantemento axeitado, con aplicación de melloras técnicas, enfocado á seguridade e comodidade do usuario, e que asegure a adecuada durabilidad da infraestrutura”.

Sen prexuízo do anterior, o Congreso tamén insta a Fomento a que estude as posibilidades de conferir o carácter gratuito en certos tramos da AP-9, así como unha recuperación da concesión e a posterior cesión da súa titularidad e competencias á Xunta de Galicia, nos termos que se acorden previa negociación entre as partes implicadas.

A deputada insistiu en que “as nosas vidas non poden ser o negocio de ninguén” por iso En Marea pide “liberar de peaxes no tramo da AP-9 Vigo-Porriño”.

“Ante o veto do Goberno á súa transferencia, vémonos obrigados a plantexar o debate por tramos”, concluiu a deputada.

REFORMA DO CRUCE DE PUXEIROS

A parlamentar de En Marea, Alexandra Fernández, tamén defendeu a iniciativa deste grupo para a reforma do cruce de Puxeiros, na antiga estrada Vigo-Madrid con saída da autopista da AP-9.

En Marea conseguiu que esta iniciativa saíse adiante tras chegar a unha transaccional co PSOE, para acordar “realizar actuacións necesarias para mellorar a seguridade vial no cruce que conforma a antiga estrada Vigo-Madrid, coa saída da autopista AP-9 no alto de Puxeiros, na confluencia entre o concello de Vigo e o de Mos.

“Pedimos que estuden, a través dos técnicos da DXT, a opción máis óptima para abordar a problemática deste punto negro, co fin de levar a cabo as actuacións necesarias tendentes a ataxar o problema de seguridad vial existente”, pide a iniciativa.

“Son moitas as voces, como o grupo municipal de GañaMos, que plantexaron a Fomento a mellora da seguridade viaria neste cruce para rebaixar a sinistralidade e garantir a seguridade viaria”, sinalou a deputada.