Novas

O Congreso aproba a Moción de En Marea para elaborar unha normativa que garanta a igualdade retributiva entre mulleres e homes

photo5994635960295467639

A voceira de En Marea no Congreso, Yolanda Díaz, denunciou que a fenda salarial alcanzase na actualidade o 23%.

A moción foi aprobada por unanimidade tras chegar a un acordo cos grupos que presentaron emendas.

Madrid, 17 de outubro de 2017. O Pleno do Congreso dos Deputados aprobou hoxe por unanimidade a Moción de En Marea, consecuencia de Interpelación Urxente, para garantir a igualdade retributiva real e efectiva entre homes e mulleres e para dar desenvolvemento ao compromiso de transparencia salarial establecido na Recomendación da Comisión Europea de 7 de Marzo de 2014.

A voceira de En Marea no Congreso, Yolanda Díaz destacou, na defensa desta iniciativa, que “os datos sobre fenda salarial, que superan xa o 23% entre homes e mulleres, poñen de manifesto que estamos moi lonxe aínda dunha igualdade real, onde as mulleres seguen a ser as grandes perxudicadas, non só da crise económica, senón tamén da normativa vixente, que non as ampara, e que está a provocar que a tendencia do traballo desempeñado por mulleres se preste, ás veces, en situacións de case esclavitude”.

Yolanda Díaz engadiu que as reformas que se foron acometendo só serviron para distanciar cada vez máis as retribucións entre homes e mulleres.

“Actualmente a igualdade entre homes e mulleres non existe. Canto máis subimos nos postos de responsabilidade, maiores son as desigualdades nas retribucións”, denunciou a deputada.

Ante esta situación, a Moción pedía a “adopción das medidas lexislativas necesarias para unha reforma integral do marco normativo sobre a igualdade retributiva entre homes e mulleres”, instando a presentar medidas concretas e transversales, dirixidas da dar cumprimento ao establecido na Recomendación da Comisión Europea de 7 de Marzo de 2014 .

Para contar co apoio de todos os grupos emendantes, elaborouse unha proposta transacional. Así, no acordo votado e aprobado, a moción especifica que as medidas a adoptar deberan referirse, polo menos, ás seguintes materias:
1. Incorporación ao ordenamento español (normativa laboral e funcionarial) do concepto de igual retribución por traballo de igual valor.

2. Atribución ás persoas traballadoras e aos seus representantes dos dereitos de información desglosada por xénero da retribución aplicada na empresa, incorporando á normativa vixente medidas adecuadas e proporcionadas para garantir que as persoas empregradas poidan solicitar información sobre os niveis salariais, desglosada por xénero, para as categorías de traballadores que realizan o mesmo traballo ou un traballo de igual valor. Esta información deberá incluir os componentes variables ou complementarios ademáis do sueldo fixo, tales como os pagos en especie e a participación nos beneficios. E que garantan que os empregadores informen periodicamente ás persoas traballadoras e aos seus interlocutores sociais da remuneración media por categorías desglosada por sexos.
3. Configuración e regulación obrigatoria das auditorias salariais nas empresas de máis de 250 personas traballadoras.

4. Establecemento de mecanismos para asegurar o adecuado control dos convenios colectivos

5. Reforzamento dos suxeitos con capacidade e lexitimación para a presentación de demandas por discriminación indirecta (particularmente retributiva).

6. Introducción de garantías específicas no proceso de tutela de dereitos fundamentais a efectos de que os suxeitos con relevancia pública e/ou institucional teñan maior participación na tutela das actuacións que constitúen discriminación retributiva.

7. Promoción efectiva dunha maior participación das mulleres nos órganos de representación das persoas traballadoras

8. Configuración de mecanismos específicos, tales como potenciar as actuacións da Inspección de Traballo e Seguridade Social.

9. Mellora e ampliación das estatísticas de xénero incorporando indicadores sobre transparencia salarial.

10. Reformas da normativa laboral e de funcionariado para favorecer a corresponsabilidade e a permanencia das mulleres no traballo, así como a revisión da normativa laboral e de funcionariado para identificar aqueles preceptos que ignoran ou non teñen en conta os efectos que poidera ter en materia de discriminación retributiva.

E, finalmente, a adopción de medidas relativas á consecución do aumento da tasa de actividade das mulleres, a equiparación dos permisos de maternidade e paternidade, a racionalización de horarios e a financiación dunha rede de servizos sociais para a atención das persoas dependentes, ruptura do teito de cristal e garantía de acceso aos servizos de todas as mulleres.

“Estamos ante un gran paso para a igualdade retributiva grazas ao traballo de En Marea”, anunciou a deputada ao rematar o pleno.