Novas

O Congreso aproba por unanimidade a iniciativa de En Marea para a creación dunha mesa de traballo para buscar unha solición a Isowat Made

photo6010367403298500359

Yolanda Díaz denunciou que os traballadores levan 4 meses sen cobrar e urxe atopar un comprador para unha empresa que ten carga de traballo pero falta de financiamento.


Madrid, 20 de febreiro de 2019. A Comisión de Industria, Comercio e Turismo do Congreso dos Deputados aprobou, esta tarde, e por unanimidade a Proposición non de Lei presentada por En Marea relativa ao Plan de Liquidación de Isowat Made, e as medidas a adoptar por parte do Goberno ao respecto.

A deputada de En Marea e voceira de Industria do Grupo Confederal UP-ECP-EM destacou, na súa intervención que “Isowat Made, unha empresa cunha actividade chave para a estratexia das enerxías renovables, non ten problema de carga de traballo. A industria radicada en Galicia atópase nun proceso de liquidación debido a un problema de xestión deficiente que culminou nun concurso de acreedores”.

Ante esta situación, nesta iniciativa ínstase ao Goberno a convocar, de maneira inmediata, unha mesa de traballo e diálogo, da que formen parte persoas representantes da empresa, dos traballadores e das traballadoras e das administracións competentes, coa finalidade de atopar unha solución á situación dos centros productivos de A Coruña e Medina del Campo (Valladolid) da empresa Isowat Made, actualmente en fase de liquidación, que garante a continuidade e viabilidade da mesma, así como a dos postos de trabajo.

Neste senso, a deputada Yolanda Díaz lembrou que “os traballadores levan 4 meses sen cobrar e nos vindeiros días farase efectivo o ERTE se non aparece un comprador”. Díaz destacou que “aínda que se presentaron ofertas, no caso de A Coruña éstas están postas en cuestión polo comité de empresa xa que non se axustan ao plan de liquidación do administrador concursal”.

Finalmente, a voceira de En Marea no Congreso sinalou que “Isowat Made é unha empresa estratéxica para a transición enerxética, polo que seguiremos saíndo ás rúas xunto aos traballadores para defender os postos de traballo”. “Esiximos, denunciou Yolanda Diaz, que o Ministerio de Industria actúe na defensa da pranta de A Coruña, polo que urxe a intervención do Goberno e a creación da mesa de traballo e diálogo demandada na iniciativa aprobada esta tarde no Congreso dos Deputados”.