Novas

O Congreso aproba a toma en consideración da PL de Igualdade Retributiva coordinada por En Marea

photo5798939288736476579

Esta será a primeira vez na historia da democracia que se lexisle nesta materia.

 
Madrid, 22 de febreiro de 2018. O Congreso aprobou este xoves, Día Europeo pola Igualdade Salarial, a toma en consideración da Proposición de Lei de Igualdade Retributiva entre mulleres e homes do Grupo Parlamentario Confederal e que coordinaron as deputadas de En Marea Yolanda Díaz e Ángela Rodríguez.

O obxectivo principal desta iniciativa é reducir a fenda salarial con medidas específicas, tales como fomentar a transparencia nos criterios retributivos para correxir as desigualdades salariais.

A PLIR pretende desvelar definitivamente o que significa a igual valoración dos postos de traballo e obriga a que os convenios colectivos especifiquen de modo concreto e obxectivo os criterios utilizados para a valoración na clasificación profesional e por tanto nas retribucións.

A transparencia retributiva é un dos principais eixos da PLIR. Se parte do orzamento de que os traballadores/as non poden demandar nin denunciar se non dispoñen da información necesaria acerca das retribucións abonadas na empresa. Por iso establécese o dereito dos representantes dos traballadores a dispor de información anual retributiva promediada desagregada por xénero. Así mesmo, os traballadores/as terán dereito a que esta mesma información conste nas súas propias nóminas. Esta información permite identificar inmediatamente indicios de discriminación. As empresas de máis de 250 traballadores deberán contar ademais con auditorias salariais.

Após paso de xigante dado hoxe no Congreso dos Deputados, agora comeza o trámite parlamentario lexislativo da Proposición de Lei de Igualdade Retributiva entre mulleres e homes, por primeira vez na historia da democracia no noso país.