Novas

O Goberno demostra unha vez máis non ter argumentos para vetar a transferencia da AP9

photo5773765888414166173

“Co veto cárganse a autonomía do parlamento galego e evidencia o pouco peso de Feijóo e a súa irrelevancia”.

Madrid, 14 de febreiro de 2018. A deputada de En Marea, Alexandra Fernández, preguntou este mércores no pleno do Congreso ao ministro de Fomento, Iñigo de la Serna, sobre o veto ao traspaso da AP-9 a Galicia.

“Vai seguir vetando o traspaso da AP-9 a Galicia?”, pregunto a deputada, que insistiu en que esta iniciativa foi aprobada polo Parlamento galega por unanimidade en dúas ocasións, ambas vetada polo Goberno de Rajoy.

A parlamentar de En Marea acusou ao ministro de usar “datos falsos”, o primeiro, de índole económica, polo que suporía un aumento dos créditos orzamentarios

“Usan esta excusa sobre todas as iniciativas quenon lles conveñen. Son tan pouco rigurosos que a segunda PL do Parlamento galego que só solicitaba a transferencia, foi vetada coa mesma xustificación económica”, denunciou Fernández.

O segundo argumento é recentralizador: “Alegan que non pode ser transferida porque é de interese xeral do Estado. Igual que as autopistas vascas e catalás transferidas. Somos menos as galegas?”, insistiu.

Os argumentos do Goberno “non se sosteñen” por iso presentamos un recurso de inconstitucionalidade e traemos a proposición novamente ao Congreso.

Ademais,  Fernández acusou a De la Serna de «rehipotecar» a AP-9 ata o 2048, ano ata o que os usuarios terán que seguir pagando peaxes, e criticou o continuo incremento de prezos na vía, cando se trata dunha das máis rentables do Estado.

A deputada ironizou en que “tampouco sería raro que o Goberno voltase vetar a proposta, xa que o PP e Audasa levan anos sendo o tándem do expolio: Audasa está fóra do control público, mentras o PP faille o traballo sucio e blanquea os seus intereses na institución”.

“Cando boicotean a iniciativa por medo a perder a votación, estanse levando por diante ata os máis mínimos principios democráticos: que podamos discutir e votar iniciativas. E de paso, o principio de autonomía do noso parlamento galego, coa complicidade de Feijóo”, concluiu Fernández.

O ministro non contestou nin soubo dar ningunha xustificación ao veto, demostrando a validez do noso recurso e a necesidade de traer de novo a iniciativa.

“Co veto cárganse a autonomía do parlamento galego e evidencia o pouco peso de Feijóo e a súa irrelevancia”, asegurou Fernández.