Novas

O Goberno négase a liberar de peaxe o tramo da AP-9 como alternativa á A-55 apesar da iniciativa de En Marea aprobada

photo5843681715405563855

 

Madrid, 23 de febreiro de 2018. O Goberno respondeu a unhas preguntas da deputada de En Marea Alexandra Fernández, que non contempla a gratuidade para o tramo da peaxe AP-9 entre Vigo e Tui, a pesar de que foi aprobado nunha iniciativa de En Marea no Congreso dos Deputados.

“As vías de alta capacidade citadas na pregunta teñen unha funcionalidad distinta, de tal forma que mentres que a autopista AP-9 serve xunto co segundo cinto de Vigo (VG-20) de circunvalación da cidade, a autovía A-55 ten a vocación de vía de penetración ao centro da mesma, polo que non se pode considerar a primeira unha alternativa á segunda”, sinala o Goberno na súa resposta.

Fernández denuncia esta situación, dado que A-55 “é unha das autovías máis perigosas do Estado”.

“A autovía Vigo-Porriño, a A-55, está entre as máis perigosas do Estado a pesar de contar con 10 radares e 10 cámaras de vixiancia para un tramo de case 15 quilómetros. É o tramo de toda a rede estatal de maior acumulación de puntos negros, cun total de oito. Os accidentes son habituais nas denominadas ‘curvas de Tameiga’ en dirección a Vigo, cunha media de 100 accidentes ao ano”, asegura a deputada.

O Congreso aprobou o pasado 22 de novembro de 2017 a instancias de En Marea, “unha tarifa anual bonificada na AP-9 Vigo-Tui e que se elimine a peaxe”.

 

Tras chegar a un acordo transaccional co PSOE e Ciudadanos, o Congreso acorda instar ao Ministerio de Fomento a abordar a fondo o grave problema de seguridade vial existente na autovía A-55 entre Vigo-Porriño, pero tres meses despois néganse a executalo.

Esta iniciativa pedía que se presentase “o máis axiña posible á concesionaria AUDASA unha oferta de reestructuración das peaxes no tramo da Autopista do Atlántico AP-9 entre Vigo e Tui que discurre paralela á A-55 Vigo-Porriño, co obxectivo de implantar unha tarifa anual bonificada para os turismos e vehículos pesados que utilicen habitualmente dita vía”.

Ademais, pedía establecer, en colaboración coa Xunta de Galicia, “os mecanismos de control e supervisión das obrigas dos titulares da concesión da AP-9, co obxecto de garantir que realicen un mantemento axeitado, con aplicación de melloras técnicas, enfocado á seguridade e comodidade do usuario, e que asegure a adecuada durabilidad da infraestrutura”.

Sen prexuízo do anterior, o Congreso tamén instaba a Fomento a que estudase as posibilidades de conferir o carácter gratuito en certos tramos da AP-9, así como unha recuperación da concesión e a posterior cesión da súa titularidad e competencias á Xunta de Galicia, nos termos que se acorden previa negociación entre as partes implicadas.

A deputada volta insistir en que “as nosas vidas non poden ser o negocio de ninguén” por iso En Marea pide “liberar de peaxes no tramo da AP-9 Vigo-Porriño”.

 

Download (PDF, 30KB)