Novas

O Goberno responde a En Marea que “se atopase indicios de ilicitude penal” na F. Franco “daría traslado á Fiscalía

Madrid, 2 de novembro 2018. O Goberno ven de responder ao deputado de En Marea no Congreso, Miguel Anxo Fernán Vello, en relación á súa demanda de proceder a ilegalizar á Fundación Franco, que “de acordo coa Lei 50/2002, de 26 de decembro, unha vez que unha fundación foi constituida conforme ao ordenamento xurídico, goza de presunción de legalidade”.

“Entón, por que non ordena á Fiscalía que actúe contra a Fundación Franco?”

O Executivo adopta unha argumentación certamente sorprendente porque afirma que “se nas actividades que desenvolve a fundación se atopase por parte do Protectorado de Fundacións indicios racionais de ilicitude penal, daríase traslado ao Ministerio Fiscal ou ao órgao xurisdiccional competente, e se se advertise unha desviación grave entre os fins fundacionais e a actividade realizada, poderíase solicitar da autoridade xudicial a intervención temporal da fundación”.

Esta resposta levou ao deputado de En Marea a plantexar de novo unha batería de cuestións ao Goberno. Fernán Vello espétalle que dado que “a Fundación Franco está demostrado que fai apoloxía do fascismo, da ditadura e da figura do ditador, por que razón o Goberno non pediu ao Ministerio Fiscal que actúe?”. “Vai o Goberno a abrir dunha vez esta posibilidade e extirpar por fin a anomolía que supón que nun estado democrático e de dereito teñamos que convivir cunha Fundación fascista que propaga o labor dunha ditadura que asasinaou, fusilou e torturou a miles de persoas?”.

Ademais, o deputado de En Marea traslada ao Executivo a resolución da Eurocámara aprobadao o pasado 25 de outubro sobre o auxe do neofascismo na que se insta aos estados membros a ilegalizar Fundacións ou organizacións que exalten ou glorifiquen o fascismo. “Vai o Executivo a tomar nota disto?”, interpela Fernán Vello, quen destaca que precisamente no seu punto 32 a resolución pide ao seu Presidente que transmita a resolución aos Gobernos e aos Parlamenots dos estados membros. Recibiu a resolución? Comparte as recomendacións e propostas que contén para frear o auxe do fascismo? Vai adopar medidas nese sentido? Vai emprender accións para ilegalizar a Fundación Franco?”.