Novas

O PP veta a construción do dique seco de Ferrol solicitada por En Marea

C-MIDi0XsAIm7H9

 


O Goberno do PP, co apoio de Ciudadanos, denegou a tramitación de todas emendas presentadas por En Marea ás empresas públicas.
Madrid, 25 de maio de 2017. A Comisión de Orzamentos do Congreso dos Deputados impediu hoxe que se debatiran as emendas presentadas por En Marea aos Orzamentos do Estado que afectaban ás empresas do sector público, tan importantes e diversas como ADIF, SEPI, ACUAES ou SEITTSA, entre outras, unhas iniciativas de vital importancia para o desenvolvemento económico e social de Galicia.

Tal e como sinalou a deputada de En Marea, Yolanda Díaz, durante a súa intervención na Comisión, “aínda que xa estamos acostumadas ás prácticas do PP, o anómalo e disonante é o cariz co que Ciudadanos se presenta á cidadanía, xa que tamén participan destas prácticas tan bochornosas como é o veto a emendas que falan da vida da xente”.

Díaz lembrou nesta intervención o informe que expediron os letrados da Cámara Baixa en relación ao veto que o PP está a exercer en relación ao artigo do 134.6 do texto constitucional, non respetando o mandato constitucional. E o que é máis anómalo é que Ciudadanos, a sabendas do informe da Mesa, sexa cooperador necesario para practicar o veto.

Unha das emendas máis representativas das que foron vetadas polo Partido Popular foi a construción do dique seco na comarca de Ferrolterra, unha obra de moitisima relevancia, pola necesidade desta infraestructura para o futuro de empresas tan importantes como Navantia.

A deputada de En Marea denunciou, dirixíndose especialmente aos deputados/as populares galegos presentes na Comisión, Tristana Moraleja e Juan Juncal, que o que hoxe negaban e rexeitaban no Congreso non eran capaces de expoñelo nun centro produtivo de Navantia porque terían serias dificultades.

Ademais, en relación ás emendas de ADIF que teñen que ver con Galicia o Goberno tamén vetou a iniciativa sobre a conexión Ferrol – A Coruña, que non recibiu ningún investimento desde 1903.

“O pacto co PNV o pagará Galicia, cunha redución en investimentos públicos do 30%. A coñexión Ferrol – A Coruña é unha vía ferroviaria imprescindible para unha comarca empobrecida, e resulta que vostedes a vetan”, afirmou Díaz Pérez.

LISTADO DE EMENDAS DE EN MAREA ÁS ENTIDADES DO SECTOR PÚBLICO E FUNDACIONAL VETADAS POLO GOBERNO

3036. Construcción do dique seco no estaleiro de Navantia Ferrol.
3663. Aumento das dotacións para a renovación da liña Coruña-Ferrol.
3664. Aumento das dotacións para a electrificación da liña Monforte-Lugo-Ourense.
3665. Aumento das dotacións para a variante de Ourense (LAV Galicia)
3668. Paso inferior e pasarela peonil na liña Betanzos-Ferrol ao seu paso por Perlío-Fene (A Coruña).
3669. Dotación de servizos ás fincas illadas sen acceso ao camiño público polo valado do paso a nivel da liña férrea Betanzos-Ferrol ao seu paso polo termo municipal de (Perlío) Fene (A Coruña).
3671. Adaptación da terminal de Santiago á alta velocidade.
3674. Estación intermodal de Vigo.
3675. Estación intermodal de Ourense.
3678. Melloras na mobilidade e accesibilidade da Estación de Pontevedra.
3682. Porto de Marín. Instalación de pantallas acústicas e visuais (Pontevedra).
3683. Porto de Ferrol. Actuación integral no dique de Cabana e acondicionamento de zona recreativa. Ferrol (A Coruña).
3684. Dotación dun sistema de axuda instrumental para a cabeceira sur e sistema de aproximación por GPS (sistema de navegación por satélite GBAS). Aeroporto A Coruña.
3685. Ampliación do Parque Tecnolóxico e Loxístico de Valadares (Vigo).
4408. Saneamento de Santiago de Compostela.
4409. Saneamento da aglomeración Pontevedra-Marín-Poio-Bueu.